Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
O escrito ten dúas partes salientables: por unha banda aparece unha estatística desde o ano 1515 ata o 1756 das descargas das almadrabas do Duque de Medina Sidonia no Mediterraneo, que segundo Lopez Capont, F. (1997)40 é a primeira e máis antiga sobre esta especie. Dela, dedúcese dun xeito inequívoco o descenso das capturas e serve como alicerce fundamental da outra parte, onde se analizan os diferentes argumentos que a poden xustificar. Desbotadas a explicación climatolóxica, a da competencia das pesqueiras portuguesas, a do tráfico polo golfo de Cadiz e, mesmo, as sobrenaturais, aparece como única explicación posible a da sobreexplotación da pesca ?el modo de pescar mucho es el peor modo de pescar?. A denuncia da situación das pesqueiras españolas non rematan con estas reflexións sobre as do Mediterraneo, que Sarmiento coñecía sobre todo por testemuñas indirectas. Nese e noutros escritos pasa tamén a comentala situación da pesca en Galicia, que xa coñecía moito mellor, ben por observacións propias ou, sobre todo, pola correspondencia que mantiña co seu irmán Francisco Xavier que vivía no barrio mariñeiro pontevedrés de Mourente e que desde 1749 sería Ministro Provincial de Pesca. Neste caso fala de problemas xerados polas novas artes de pesca da sardiña que traían os cataláns (a xábega) e que entraban en competencia coas tradicionais (o xeito) dos pescadores galegos. Atribuíanselles a estes novos sistemas de pesca danos irreparables sobre a cría das sardiñas e, aínda que, a xuízo de Lopez Capont, F. (1997) non se lles pode achacar a estas artes arrastreiras os efectos negativos sobre as capturas, si que serviu para orientalo problema cara á preservación do ciclo biolóxico destes peixes, cuestión que si foi unha novidade no tratamento do problema. Finalmente, foron considerados tamén os excesos que se cometían coa pesca fluvial, sobre todo co emprego de velenos e a costrucción de pequenos encoros para facilitalas capturas pero que dificultaban a ?circulación permanente? e impedían a migración dos salmóns. A influencia de Sarmiento no tema pesqueiro continuou, sen dúbida, na obra do seu irmán, que promulgou a primeira Ordenanza de Pesca da provincia marítima de Pontevedra (que chegaba de A Guarda a Muros, e polo mesmo, collía case tódalas pesqueiras atlánticas galegas) que foron as primeiras realizadas en España e, onde xa, aparecían perfectamente especificadas e regulamentadas medidas de conservación, como o sistema de vedas, que despois foi universalmente establecido:
... que en los tres meses de Marzo, Abril y Mayo en ninguna parte de los Puertos y Rias de esta Provincia se pueda andar a la pesca del Jeito, por ser el tiempo en que la sardina está desovando en el fondo, y fango de las Postas, y Recodos de las Rias...
Non se pode falar de experiencia directa dos problemas como alento das súas reflexións conservacionistas de Sarmiento (recoñecía, por exemplo, que non tiña visto un atún na súa vida). Pero si se pode falar doutros aspectos da súa personalidade que, posiblemente, tiveron bastante máis que ver. Por unha banda, o interese polo dato e a
59 Nº 363