BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
gado ó do Gran Vixilante, creador do mundo, pero que deixaba nas mans do home o seu perfeccionamento e aproveitamento. A idea do progreso indefinido do mundo que implicaba a utopía mecanicista de Descartes foi un dos pensamentos dominantes nos ideais dos ilustrados. Nesa visión sobre a natureza, determinista e necesariamente optimista, o home tiña a obriga moral de coñecela a través das ciencias, e sobre todo, de saber aproveitalo aspecto utilizable dos recursos, e de aí, a insistencia en desvelalo lado aplicable dos elementos naturais. En España, estes ideais callaron con moita forza no século XVIII, desde a imaxe radicalmente optimista de Feixoo ?la naturaleza está más vigorosa cada día y el mundo más vistosamente adornado? (Capel, H. 1983)39 ata as dun Jovellanos, nos derradeiros anos do século, decidido defensor das intervencións do home sobre a natureza, que se miraba como fecunda e inesgotable:
A doquiera que se vuelva la vista, se ve hermoseada y perfeccionada por la mano del hombre. Por todas partes descuajados los bosques, ahuyentadas las fieras, secos los lagos, acanalados los ríos, refrenados los mares, cultivada toda la superficie de la tierra, y llena de alquería y aldeas, y de bellas y magnificas poblaciones, se ofrecen en admirable espectaculo los monumentos de la industria humana (Informe sobre la Ley Agraria, 1795)
Neste contexto de optimismo ilustrado diante dos aproveitamentos dos recursos naturais polo home xorde a voz, realista e desmitificadora de Sarmiento, en relación co problema da pesca do atún e a baixada nos rendementos das almadrabas. Para Urteaga, L. é o primeiro escrito claramente conservacionista feito en España, moito máis salientable se se ten en conta que, ademais do contexto ideolóxico español onde as correntes de pensamento camiñaban de xeito totalmente oposto, a relixión oficial apostaba decididamente por esa visión do mundo perfecto e inesgotable. E iso, facíao como colectividade pero tamén mediante as súas personalidades máis destacadas intelectualmente como foi o caso, xa citado, de Feixoo ou do xesuíta alemán Kircher, moi coñecido en España, e de quen Sarmiento se amosaba sinalado admirador. As reflexións de Sarmiento sobre a conservación dos recursos aparecen sobre todo na obra De los atunes y de sus transmigraciones y conjetura sobre la decadencia de las Almadrabas y sobre los medios para restituirlas (1757) onde rompe coa visión optimista do aproveitamento dos recursos:
Así, yo no necesito recurrir a Revoluciones celestes para palpar las causas de la decadencia de muchos Mixtos en España. Falta carbón y leña; porque se corta y no se planta. Faltan carnes: porque por ser mas regaladas las crías, se comen y se apuran. Falta el pasto; porque faltando ya la leña, se arrancan para la lumbre, hasta las mismas raices de todo combustible. Faltan los Pescado en el Mar; porque se desprecian las leyes de la veda que se pusieron justamente a favor de la cría. Faltan en los ríos porque con la cal coca, Torvisco y otros inicuos medios de pescar, se pesca todo de un golpe, y de un golpe se queda el río sin pesca.
Nº 363 58