Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
?Pleyto y de Pluma?, nalgunhas ocasións non dubida en propoñer novidades recomendando a experimentación de novos cultivos, como fixo en cartas ó seu irmán Francisco Xavier, coas cebolas xigantes (Epistolario, carta 19, 1757 ) e o trevo real (Epistolario, carta 99, 1760) e, sobre todo, no interese que demostrou polo emprego da marga como abono do solo (Epistolario, cartas 35,1758,102,1760 e 112,1761), e que foi un dos temas recorrentes defendidos con insistencia polos defensores da ?nova agricultura?37. Por outra parte, aínda que só o faga en moi poucas ocasións, fala tamén da necesidade dunha ?agricultura especulativa? advertindo que, de tódalas maneiras, nela:
No deben tener voto alguno los que no saben de la física experimental,la historia general de Galicia en sus tres reinos y antes de todo, la lengua gallega antigua y moderna,para conocer los nombres peculiares de los mixtos y vegetales, sin lo cual todo va en el aire (Epistolario, carta 130, 1765)
Con iso, transmítenos un interesante punto de vista de cómo deberían estar formados os teóricos da agricultura, que terían que ser bos coñecedores da Fisioloxía, da Climatoloxía e mesmo da Edafoloxía (o que chamaban na linguaxe da época a Física Experimental), da Botánica, da Zooloxía e da Xeoloxía (a historia dos tres reinos) e finalmente, e aquí estaría posiblemente o máis novidoso e interesante da proposta: cun bo coñecemento da lingua galega ?tan precisa para hablar con los labradores gallegos? pois si:
Los gallegos que tienen evillas, en los zapatos hacen estudio de huir de la lengua, que han mamado, por si manchan el Armiño, del Idioma CastellanoPegadizo, a uno del País; que se podrá esperar de ellos, y de los extraños, para la Agricultura, e Historia Natural (Obra dos 660 pliegos. 1762 e sgts.)
O pensamento conservacionista de Sarmiento Para falar de conservadorismo no século XVIII conviría precisalo termo para diferencialo doutras acepcións que hoxe existen no ámbito das publicacións sobre conservación da natureza. Neste sentido, e seguindo a Urteaga, L38 que publicou un libro imprescindible para a análise desta problemática en España (La tierra esquilamada. Las ideas sobre la conservacion de la naturaleza en la cultura española del XVIII. 1987) enténdese por ?conservación? o feito de prevela destrucción ou esgotamento dos recursos naturais, defendendo ó tempo unha explotación equilibrada ?é dicir, non derramadora ou esquilmadora? do mundo natural. Sería unha interpretación que hoxe case podería ser equivalente ó do moi traído e levado termo do ?crecimento sostible?. As relacións do home coa natureza, que tiveron un sentido providencialista ata o século XIV, foron mudando moi lentamente na medida na que o home foi sendo consciente do seu dominio sobre a técnica, primeiro, e despois sobre a capacidade da ciencia para desvelalos secredos do mundo e da vida. E o papel de Deus, sen negalo, ficou rele57 Nº 363