BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
mias, parece existir tamén unha toma de posición, bastante máis meditada, sobre cómo entendía el a agricultura. Sobre todo, no referente ás diferencias que existían entre as prácticas agrarias tradicionais e as novidades técnicas que tentaban introducilos representantes da chamada ?nueva agricultura? (Garcia Sanz, A. 1974)34. Posicións que probablemente poderían deberse, en parte, ó feito de que os mesmos defensores das novidades agronómicas o eran tamén de reformas económicas que atentaban directamente contra o sistema tradicional de propiedade dos benedictinos, como deixa ver, ben as claras, o enunciado da obra dos 660 pliegos: Que trata de Historia Natural y de todo genero de Erudición con motivo de un Papel, que parece se había publicado por los Abogados de La Coruña, contra los Foros, y tierras que poseen en Galicia los Benedictinos, y la escribió en Madrid por los años 1762 y siguientes. Critica a gandería extensiva, como a da Mesta, xa que ve nela a causa do mantemento da despoboación de moitas provincias españolas como Extremadura. Como contrapunto, propón a integración da gandería na agricultura e recomenda que non poidan ser gandeiros aqueles que non posúan un anaco de terra de labor. Ó tempo, como bo benedictino, defende as roturacións do monte considerando a persistencia do bosque como un síntoma do atraso das explotacións:
Finalmente, siempre seré de dictamen que, exceptuando algunos bosques para la diversion de las personas reales, todo lo demás de España se debe cultivar como en tiempo de Tertuliano. (Epistolario, carta 175, 1765)
O modelo de explotación agraria de Sarmiento queda reflectido dun xeito evidente na proposta de colonias familiares, onde o sistema está constituído por:
unha explotación familiar agrícolagandeira, baseada no policultivo de subsistencia apoiado por `unha industria rural´ que xogaba un papel complementario da actividade agraria (Freire, P. 1997) 35.
Nestes e noutros escritos, Sarmiento amósase como defensor dunha agricultura tradicional, coas orixes nos agricultores romanos e unhas prácticas establecidas ?después de 1500 años?, sendo por isto, moi perigosos os cambios nun sistema que ?a repetidas experiencias está ya acomodado a estas o a los otros terrenos?. Por iso un dos seus libros de referencia sería a Obra de Agricultura (1513) de Alonso de Herrera, e non os máis recentes de Duhamel, onde aparecían reflectidas as teorías da nova agricultura do inglés Tull, moi de moda nos círculos fisiocráticos da ilustración da última metade do século XVIII (Lluch, E.1997)36. Esta reafirmación da experiencia como case a única fonte de coñecemento na agricultura fano afirmar unha e outra vez que ?para la agricultura práctica de Galicia solo deben consultarse los labradores de polaina y gabán?. Aínda así, e a pesar de proclamar en moitos escritos que as prácticas agrarias recomendables só deberían vir da experiencia secular dos agricultores e non dos homes de
Nº 363 56