Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
ni tan pequeña, que aun píe, como pollita, ni tan añeja, que ya cluequee o cloquee, como gallina caduca? (Glosario, f. 275 v.) A anécdota repítese no Onomástico, pero con máis claridade: ?he oído que en un instrumento de tierra de León, se pone de renta una gallina que no diga pimelo. Todos extrañaron la voz, hasta que uno leyó pi ni clo, y la entendieron todos.? (nº 68). Outro recordo desa época aparece en Conjeturas: ?estoy en que hacia Eslonza se llama estojo y no destojo, cuando en las fiestas se mata una o dos vacas y se reparte a los cofrades como en rifa a quien dé más para el santo? (F. 160 r.). A súa estancia en Eslonza durou tres cursos, ata o ano 1720, regresando nos veráns a Madrid; alí familiarízase co dialecto vivo leonés, e unha longa serie de palabras leonesas que cita nas Conjeturas de seguro foron aprendidas nesta época; aínda que non hai que esquecer que os seus itinerarios de viaxe por terras de León, camiño de Galicia e volta cara a Madrid, ofrecen apuntamentos de voces que ía oíndo, sobre todo de plantas e topónimos. En novembro de 1720 parte para Asturias para explicar Teoloxía no convento de Celorio. Reside en Asturias cinco anos: desde que chega ata maio de 1723 en Celorio, a partir desta data, en San Vicente de Oviedo. Deixa Asturias en xuño de 1725 e parte cara a Pontevedra para despedirse da súa nai, pasando por Ribadeo, Mondoñedo, Betanzos, A Coruña, Santiago; está de regreso en Madrid o 27 de outubro. Da etapa asturiana quédanos unha boa cantidade de noticias moi interesantes, xa que ás veces son as documentacións por el subministradas as primeiras mencións das palabras. Recordemos soamente as que comenta nas Conjeturas: jana, capudrio ou capudre, bodones, bárgano, bastranca, copin, compango, codoxo, churumba, escovio, esquirol, farrapas, ganzo, catacho, galerna, sallo, lapa, Langredo, llobina, leocántaro, erbedo, macona, tarriello, mangre, Obona, Oviedo, osas, Ozero, alforxones, piorno, tocho, picatosta, torga. Hai bastantes máis no Glosario, no Onomástico e noutras obras súas. A isto temos que engadir a lectura dos documentos medievais: en Oviedo le o Becerro de Don Gutierre, segundo cita na voz anubda das Comjeturas, e moitos outros instrumentos nos que fundamenta as súas etimoloxías. Desde o 27 de outubro ata comezos de febreiro está no convento de San Martín de Madrid, alternando as súas lecturas de varia erudición con papeis satíricos, e entra en contacto cos falsos Cronicóns. A primeiros de febreiro marcha co P. Mecolaeta a Toledo para catalogar o arquivo da catedral, alí pasa 15 meses e entrambos redactan un Índice del Archivo e outro da Biblioteca de Manuscritos. Desta época proceden abundantes mencións léxicas de voces peculiares da rexión: alnafe, alkana, alaxor, apelde, almelga, buzonera, cahiz, cigarrales, cuca, migeros. Unha parte destas palabras foron oídas, outra parte recollidas na lectura dos instrumentos, entre os que figuran os Fueros da cidade e o manuscrito do Libro de Buen Amor, segundo advirte en Conjeturas con motivo da palabra ?guliarra?: ?en Toledo leí la voz guliarra por zorra, en un poema castellano antiguo sin principio. Coloquio entre Carnal y Cuaresma del Arcipreste de Hita.?. É dicir, por volta de 1726 ou 27 xa Sarmiento coñecía o poema do Arcipreste de Hita, na versión do ms. Gayoso, catro anos antes que L. J. Velázquez publicara as primeiras noticias modernas
131 Nº 363