Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
escrito non é de Sarmiento; a razón do rexeitamento é evidente se se sabe que cando o autor escribiu o seu Indice o omitiu indebidamente xa que figura no tomo II, 2ª parte fols. 43 r. a 60 v. e atribúe ó comentario sobre La Gran Conquista de Ultramar os fols. 31 a 60, cando en realidade soamente abarca ata o 42 v. Ó ver Gesta y Leceta a copia da Real Academia Española, que falta no seu Indice, rexeita a paternidade da obra. Nestas reflexións fanse frecuentes alusións a usos toledanos: advirte que albanega non é anticuado, úsase en Toledo, que alfirez tamén se usa alí, que na citada cidade existe a fonte das Ciciones (sen dúbida porque a súa viaxe estaba recente. Hai alí ideas un tanto estrañas, se a pasaxe non está viciada, vistas dende as últimas perspectivas do autor que evolucionan moito con respecto ás primeiras, por exemplo o reparo á plana 45 que di así: ?Hay argumento fuertísimo en las voces españolas indeclinables, en los artículos y en las terminaciones que el fundamento de la lengua castellana no es latina, aunque de esta se hallen muchísimas voces y aun artículos de la gallega son los menos que los de la griega? BRAE, XV, 23). Sen dúbida se debe a que Sarmiento se atopa baixo a influencia da lectura recente (de 1715, Beroso, e de 1725 Miguel de Luna) dos falsos cronicóns. Unha visión retrospectiva de moito máis tarde recorda que polo ano 1725 en Pontevedra, con palabras do autor, ?vi allí el libro de Miguel de Luna; de él no tenía aún la más mínima noticia. A poco que leí de él, no pude contener la risa, escarmentado ya, y bien, del petardazo que diez años antes me había pegado el Beroso y demás canalla de libros, que me había fingido Annio Viterbense, y de vuelta a Madrid leí en D, Nicolás Antonio el juicio que hacía de este infame impostor y de su tomo? (Vida y Viajes, pp. 1011). Anos despois recordará tamén as ideas de Miguel de Luna: ?creían que en España, y por lo que toca a Andalucía, era vulgar el idioma castellano de hoy, y la lengua arábiga de Meca, que es hasta donde pudo llegar su majadería.? (Educación de la Juventud, 236). Por influencia desas lecturas, aínda non rexeitadas decididamente, explicaríase o reparo que comentamos, escrito pouco despois da saída do tomo primeiro do Diccionario. Os comentarios e reflexións foron medrando a medida que ía saíndo a obra e chegan ata a letra 'G', é dicir o tomo III (1732). Tamén o argumento de que o artigo galego procede do grego, non desaparece da mente de Sarmiento ata polo menos despois da segunda viaxe a Galicia (1745) debido á lectura dos documentos medievais que lle fixeron evidente a súa orixe. Abonda comparar o dito aquí con esta pasaxe da carta a Terreros: ?de los griegos no han quedado monumetos inconcusos, excepto tal cual voz, y algún nombre de monte, río o lugar? para darse conta de cánto evolucionou o pensamento do autor. O repaso da plana 60 sobre que as regras das etimoloxías ?debían fundarse en los órganos, semejantes o desemejantes, con que cada letra se pronuncia? (BRAE, XV, 23) é un principio que repetirá frecuentemente ó longo das súas obras etimolóxicas. O feito de que Sarmiento esqueza este primeiro borrón de observacións lingüísticas, pode deberse a que o repudiara conscientemente ou, pola súa pouca importancia, que o
133 Nº 363