BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
sobre esta obra nos Orígenes de la Poesía Castellana, que lle foran comunicadas por una ?persona muy docta? pero que non tiña consultado outro manuscrito que o de Gayoso. Hai que recoñecer que por entonces os intereses lingüísticos de Sarmiento eran puramente casteláns, xa que, como temos dito, deixou un pouco á marxe da súa curiosidade o códice das Cantigas, pero non, en cambio, este do Arcipreste. Ben é verdade que o seu estado de desorde puido inducilo a ler con máis coidado para adquirir exacta noticia do seu contido, e a partir de aquí que tivese reparado no seu rico léxico. Á volta de Toledo establécese Sarmiento definitivamente en Madrid e entra na defensa do seu mestre Feixoo, atacando a don Juan de Lesaca, médico toledano, impugnador do tomo primeiro do Teatro Crítico. En Toledo respondeu a este ataque co seu Martinus contra Martinun escrito a finaisde 1726 sen ter presente libro ningún. Deste traballo di unha nota da mesma letra do copista da Colección Dávila: ?Este papel está lleno de insulseces, dichos helados, poco moderados y sin nada de instrucción. Su estilo es plebeyísimo, como por lo común es el del P. Maestro.? Precisamente por esta mesma razón, constitúe para a lingüística un excelente material de estudio da fala vulgar e do libelo no século XVIII. No ano 28 xa está convertido en corrector dos tomos de Feixoo e en apoderado na Corte para toda clase de problemas que presente a impresión. Dous anos máis tarde é cando se produce esa inclinación definitiva cara ó estudio das etimoloxías como único e definitivo camiño para a exacta interpretación e comprensión do léxico castelán: ?Por este tiempo 1730 pensé dedicarme a las etimologías, en general, y en especial a las voces castellanas difíciles. Tomé veintitrés pliegos de marquilla en cuarto. A cada uno puse una letra del A. B. C. Y en él iba colocando las voces castellanas y como iban saliendo; y allí apunté mi conjetura para su etimología. Me será fácil escribir muchos tomos, pues tengo entresacadas muchas voces de muchos libros que he leído de verbo ad verbum (Vida y Viajes, p. 13). Case con estas mesmas palabras recorda nos Elementos Etimológicos a súa xa afastada inclinación vocacional: ?por los años de 1730 descubrí en mí un genio dedicado a etimologías. Y así fui juntando más de treinta pliegos con voces castellanas distribuidas en pliegos por el A.B.C., pero todas las voces eran castellanas. Después di en juntar muchas voces gallegas con sus etimologías. Desde entonces acá escribí muchos y diferentes papeles a varios asuntos y hice dos jornadas a Galicia, en donde recogí muchas voces gallegas puras, porque allí tomé por asunto hacerme cargo de los nombres gallegos de las cosas de la Historia Natural y con la etimología que se me ofrecía de pronto reduciéndolos a la lengua latina? (BRAE, XVII, p. 734). Non hai que esquecer que o ano 1726 sae o primeiro tomo do Diccionario de Autoridades, e é moi probable que pola mesma época fose Sarmiento facendo anotacións ou Reflexiones sobre el Diccionario de la Lengua Castellana que compuso la Real Academia Española en el año de 1726, publicadas por J. P. na BRAE, XV, 2338. Para Gesta y Leceta o
Nº 363 132