BOLETIN DE LA REAL ACADEMIA GALLEGA 463
cimento da nosa terra e das s?as necesid?s, deu ? luz o impor
tante estudo A prol do estatuto.
Dando, por outra parte, probas do seu xenio literario, perto
do solpor da s?a vida escreb?u a novela As estivadas, notabre
polo seu argumento, polas viventes descripci?ns da paisaxe e a
enxebreza idiom?tica, que paresce espellada no pals de Lemos.
Uns poucos amigos tivemos o pracer de ouvir alg?ns pasaxes
disa fermosa narraci?n de beizos do propio don Manuel, e xa
ent?n fixemos votos, e fagu?molos de novo agora supo?endo
conserven o orixinal os seus familiares, porque vexa a luz
p?brica.
No treito da s?a rexa senectude, logo de exercer o notariado
'durante alg?ns anos en Compostela e xa residente na Cru?a,
onde abrangueu a xubilaci?n, sen dar pouso aos setts degoros
polo ben de Galicia, canaliz?u os seus servicios ? terra nai deica
a colaboraci?n aitiva nos traballos da Real Academia Gallega,
aos que emprest?u a valiosa contribuci?n que lle permit?an os
seus saberes e ? que honr?u presid?ndoa nas xeiras de interini
dade que o ,fixeron preciso, cunha xesti?n chea de autoridade
e acertos. No seu seo, e no coraz?n dos moitos amigos que lle
profes?bamos tan fonda afeici?n como dev?ci?n ademirativa, o
nome esgrevio de Manuel Banet Fontenla ficar? gravurado antre
os m?is caros e inesquecentes.