Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Rosalía
feminino
Nome literario
Pronuncia
Rosalía:
Hipocorísticos
Femininos Rosa, Chelía
Etimoloxía e historia
Este nome, atestado en Galicia no século IX, é de etimoloxía discutida: hai quen o tira do latín Rosalia, nome co que os romanos designaban unha festa anual en que se colgaban grilandas de rosas nas tumbas; ou, aínda máis simple, dun composto dos nomes Rosa e Lía. Pero parece que máis ben se debe tratar dun nome xermánico, composto de hraustr ‘valente’ ou rausn ‘gloria, fama’; o segundo elemento podería ser unha forma hipocorística en -lîn, como nos nomes alemáns Bertelin, Sigilin etc. Tagliavini apoia a orixe xermánica deste nome no feito de que santa Rosalía (século XII), patroa de Palermo, e a quen se debe, na opinión del, a difusión deste nome, era de familia xermánica.
Motivación
A figura sobranceira da literatura galega contemporánea, Rosalía de Castro (1837-1885), figura clave do Rexurdimento literario galego do século XIX, a primeira escritora que retomou a tradición literaria en lingua galega, agochada ou esquecida desde a Idade Media. Nos seus Cantares gallegos (1863) deixou unha pegada indiscutible en toda a produción literaria posterior e tamén no pobo galego, que se viu reflectido neles. Con Follas novas (1880) entrou plenamente na literatura universal. A Real Academia Galega dedicoulle o primeiro Día das Letras Galegas, o do ano 1963. En castelán escribiu o libro de poemas En las orillas del Sar (c. 1884) e varias novelas. Estivo casada co historiador Manuel Murguía, o pai do rexionalismo progresista galego do século XIX, xerme do nacionalismo do XX. Tiveron catro fillas e dous fillos.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Rosalie | |
Catalán | Rosalia | |
Español | Rosalía | |
Éuscaro | Arrosali | |
Errosale | ||
Francés | Rosalie | |
Inglés | Rosalie | |
Italiano | Rosalia | |
Portugués | Rosália | |
Romanés | Rozalia | |
Ruso | Rozaliia |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Rosalía
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]