Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Rita
feminino
Hipocorístico
Pronuncia
Rita:
Véxase Margarida
Etimoloxía e historia
Hipocorístico italiano de Margherita
Motivación
Santa Rita de Cascia (1362-1434), de nome real Margherita Lotti, naceu na Umbria (Italia). Na súa vida de esposa tivo que aturar os maltratos do seu marido e, cando este morreu, entrou nun convento de monxas agostiñas. É avogosa dos imposibles.
Popularizou este nome a actriz estadounidense Margarita Cansino ‘Rita Hayworth’ (1918-1987), filla de español e de irlandesa, de gran sona de 1940 a 1960.
Chamáronse así
Rita Corral Aller (1853-1891), poeta en galego e en castelán, nomeada postumamente académica correspondente da RAG en 1906.
Rita Amparo López Jeán (1885-1942), activista política na Coruña na II República, membro do Partido Galeguista e exiliada en Francia tras o golpe de Estado de 1936.
Rita Levi-Montalcini (1909-2012), investigadora neuróloga italiana, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1986.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Alemán | Rita | |
Catalán | Rita | |
Español | Rita | |
Éuscaro | Rita | |
Francés | Rita | |
Inglés | Rita | |
Italiano | Rita | |
Portugués | Rita |
Distribución municipal
*Os datos responden á última actualización do IGE (téñase en conta que no censo do IGE non figuran acentos).
Só se mostran os datos con máis de cinco ocorrencias por concello.
Antes e despois de Rita
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]