Sesión extraordinaria do Día das Letras Galegas 2024
Venres, 17 de maio de 2024 - 12:30 horas
Teatro Rosalía de Castro na Coruña
Sesión extraordinaria do Día das Letras Galegas 2024
Venres, 17 de maio de 2024 - 12:30 horas
Teatro Rosalía de Castro na Coruña
Este nome non se encontra na guía.
feminino
Apelativo
Do substantivo dorna, unha embarcación pesqueira típica das Rías Baixas. Tamén está presente na toponimia (Dorna ou A Dorna nos concellos de Cerdedo Cotobade, Rianxo, Ortigueira, Cervantes e As Nogais), onde designaba unha depresión no terreo, e a partir deste uso pasou a funcionar como apelido. É de orixe incerta e tense posto en relación co céltico dŭrno- ‘puño, man’, vivo hoxe no irlandés dorn, galés dwrn 'puño', bretón dourn 'man', ou coa raíz *dheu- ‘fluír’, de onde se di que derivan o río portugués Douro, ou o francés Dorne.
Dorna é o nome dunha revista de expresión poética creada no ano 1981.
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]