Guía de nomes galegos
Este nome non se encontra na guía.
Apolonia
masculino
Nome mitolóxico
Variantes
Femininas Polonia
Etimoloxía e historia
Do grego Apollṓnios 'pertencente ou relativo a Apolo', 'apolíneo'.
Motivación
Santa Apolonia (século III) é a suposta irmá de san Lourenzo. Segundo a lenda, foi unha virxe de Alexandría lapidada por rexeitar unha adoración que consideraba idolátrica; como unha das pedras que lle lanzaron lle fixo saltar os dentes, é considerada avogada dos dentistas.
Equivalencias noutras linguas
Idioma | Masculino | Feminino |
---|---|---|
Catalán | Apoŀloni | Apoŀlonia |
Español | Apolonio | Apolonia |
Éuscaro | Apolonia | |
Apolonio | Apolone | |
Francés | Apollonie | |
Apollonius | Apolline | |
Inglés | Apollonios | Appollonia |
Italiano | Apollonio | Apollonia |
Portugués | Apolónio | Apolónia |
Antes e despois de Apolonia
Sobre a Guía de Nomes da Real Academia Galega
A Guía de nomes galegos recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica. Inclúe tamén as súas correspondencias con outras linguas e procura satisfacer a curiosidade sobre a historia ou lenda das personaxes que primeiro levaron estes nomes ou que os popularizaron.
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
Boullón Agrelo, A. I. (coord.): Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes> [Consultado: <data>]