Académicos e académicas

Samuel Eiján Lorenzo

Samuel Eiján Lorenzo

Leiro, Ourense, 1876 - Santiago de Compostela, 1945
Data de ingreso
27/07/1941
A proposta de
Eladio Rodríguez González, Narciso Correal y Freyre de Andrade e Manuel Banet Fontenla
Título do discurso

*O 27 de xullo de 1941 tivo lugar no Paraninfo da Universidade de Santiago a cerimonia de ingreso de dezanove académicos de número, no acto só se deu lectura ao discurso La mitología del agua en noroeste hispánico, que pronunciou Fermín Bouza-Brey en nome de todos os recipiendarios e a quen contestou en nome da Institución, o presidente, Manuel Casás. Samuel Eiján formaba parte deste grupo de académicos.

Con posterioridade, apareceu publicado no Boletín da Real Academia Galega (tomo XXIII e XXIV) o discurso que Eiján preparara para o acto de ingreso: Ideas literarias del P. Feijóo.