Detalle da portada de "A muiñeira", con letra de Lugrís Freire e música de Ángel Abad. Doazón feita por Leandro Carré.

1 de 4
A biblioteca doada por Ángel del Castillo está composta sobre todo por monografías de temática xurídica e política de grande antigüidade.

2 de 4
Os máis de catrocentos volumes doados polo fillo de Fontenla Leal ofrecen unha imaxe nidia dos intereses e predileccións dun galeguista de comezos do século XX.

3 de 4
O Fondo Luís Seoane amosa a intensa vocación de contemporaneidade do pintor coruñés coas tendencias artísticas do seu tempo.

4 de 4

O valor das doazóns 

O importante patrimonio documental e bibliográfico que atesoura a Academia é froito, na súa maior parte, da xenerosa contribución que centos de intelectuais e entusiastas da cultura galega fixeron ao longo da súa Historia. O noso fondo constitúe, pois, non só unha ferramenta valiosa en si mesma, senón tamén un índice revelador da formación e intereses culturais dos seus propietarios orixinais. Este é o caso das coleccións Murguía, Fontenla Leal, Luís Seoane, Antón Villar Ponte ou Isidro Parga Pondal.

A Academia desexa renderlle homenaxe pública a todos eles e anima a toda persoa interesada en participar na construción desta grande obra comunal a facelo mediante a súa doazón.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete