Dia Internacional do Patrimonio Mundial

Día Internacional do Patrimonio Mundial

Co Día Internacional do Patrimonio Mundial a UNESCO pretende facernos reflexionar sobre a importancia dos bens culturais e da súa vulnerabilidade, e da necesidade de esforzarnos na súa protección e conservación.

Ao lado de grandes monumentos como a Catedral de Santiago ou as Murallas de Lugo a UNESCO estende a súa protección e defensa a outro patrimonio máis inmaterial como as festas, as tradicións e as artes.

O Arquivo da Real Academia Galega, escolle para conmemorar este día un documento que reúne varios significados.

Un álbum de autógrafos da primeira metade do século XX

Entre 1969 e 1970, Juana Fernández Pinto, doou á Real Academia Galega, manuscritos, recortes de prensa, fotografías e correspondencia, dela e do que fora o seu esposo, o escritor galego Xavier Bóveda. Entre esta documentación atópase un curioso álbum de autógrafos de diversas personalidades, reunido por ela mesma entre os anos 1920 e 1930.

Este álbum está formado por 137 follas co autógrafo de outros tantos personaxes relevantes en moi diversos ámbitos. Por exemplo, temos as sinaturas de líderes políticos como a de Winston Churchill; escritores como Azorín, Pio Baroja, García Lorca, Kipling, Pirandello, Valery, Stefan Sweig; filósofos como Ortega y Gasset, Benedetto Croce, Spengler; músicos como Falla, Strauss, Stravinsky; xadrecistas como Alexander Alekhine e, en fin, nomes famosos como os de Charles Chaplin, Albert Einstein ou Amundsen. Tampouco faltan nomes de autores galegos, entre os que aparecen Antonio Noriega Varela, Sofía Casanova ou Novoa Santos. Este tipo de coleccións teñen como nobre antecedente os libri amicorum humanistas, nos que nobres, intelectuais, diplomáticos dos séculos XVI e XVII, recollían as sinaturas e dedicatorias dos seus amigos e visitantes, como lembranza da súa relación. Mais foi no século XIX, cando realmente esténdese socialmente o costume de reunir autógrafos con finalidades conmemorativas ou simplemente para formar recompilacións exemplificativas. Así, co tempo estas coleccións van tomando moi diversas formas como libros de señoritas, álbums poéticos, libros de visitas, libros de velorio, etc.


Albert EinsteinCharles Chaplin


Unha característica peculiar destas coleccións é que tradicionalmente xorden a iniciativa dun individuo particular (por máis que tamén as institucións o fan) que busca crear a testemuña das súas relacións sociais ou, mesmo, documentar unha colección de personalidades ilustres, referentes culturais, políticos e sociais do colector. Evidentemente detrás deste costume tamén está o forte valor simbólico que na nosa cultura lle apoñemos á letra manuscrita e a capacidade que lle atribuímos para representar á personalidade do seu autor. Deste xeito, os individuos que inician este tipo de colectáneas, buscan documentar, mesmo poderiamos dicir, patrimonializar, a súa visión da realidade cultura e social que o rodea, representada pola súa peculiar selección de protagonistas famosos. Outro trazo definidor dos álbums de autógrafos é o marcado protagonismo feminino entre os seus colectores. Historicamente foron maioritariamente mulleres as que emprenderon este tipo de coleccións, como é o caso do noso álbum. Feito relevante, se temos en conta que as mulleres, ata non fai moito, estaban totalmente excluídas da vida pública. Quizais estas coleccións, as veces, non deixaban de ser un xeito de que a muller puidese achegarse a ese terreo reservado aos homes, e poder aportar a súa peculiar visión do mesmo. Por certo que no noso álbum, son absoluta maioría os nomes masculinos, representando as mulleres apenas un cinco por cen. Xa temos citado a Sofía Casanova, á que podemos engadir as escritoras Concha Espina, Juana de Ibarbourou, Selma Lagerlöf e Anna de Noailles, xunto as actrices Catalina Bárcena e Josefina Blanco.


H.G. WellsR. Amundsen


Listaxe de autores dos autógrafos:
Alexander Alekhine, Gabriel Alomar, Rafael Altamira, Joaquín Alvarez Quintero, Serafín Alvarez Quintero, Roald Amundsen, Andrenio (Eduardo Gómez de Baquero), Aviadores españoles, Carlos Arniches, Azorín, Henri Barbusse, Catalina Bárcena (con retrato), Pío Baroja, Jacinto Benavente, Henri Bergson, Tristan Bernard, Vicente Blasco Ibáñez, Louis Bleriot, Celestin Bougle, Joseph Le Brix, Richard E. Byrd, Rafael Cansinos Assens, Arturo Capdevila, Sofía Casanova, Americo Castro, Georges Claretie, Arthur H. Compton, Dieudonné Costes, Georges Courteline, Gago Coutinho, Benedetto Croce, R. B. Cunninghame Graham, Charles Chaplin, W. Churchill, Lucien Descaves, Hans Driesch, Georges Duhamel, Hugo Eckener, Albert Einstein, José Manuel Eizaguirre, Federico Enríquez, Concha Espina, Manuel de Falla, Jaime Ferran, Guglielmo Ferrero, Waldo Frank, Sigmund Freud, Federico García Lorca, Lloyd George, Ramón Gómez de la Serna, Paul Groussac, Harald Hoffding, Juana de Ibarbourou, Francisco Iglesias, Gaston Jeze, Luis Jiménez de Asúa, Ignacio Jiménez Martín, Juan Ramón Jiménez, Marechal Joseph Joffre, Hermann Keyserling, Rudyard Kipling, Selma Lagerlöf, Enrique Larreta, Latzko, Joseph LeBrix, Ricardo León, Emil Ludwig, Manuel Machado, Salvador de Madariaga (con retrato), Ramiro de Maeztu, Gregorio Marañón, G. Marinesco, Filippo Tommaso Marinetti, Jacques Maritain, Eduardo Marquina, Gregorio Martínez Sierra, Henri Massis, Carlos Francisco Melo, Ramón Menéndez Pidal, Ramón, Serguei Metalnikov, José Millán Astray, Paul Morand, Benito Mussolini, Darío Niccodemi, Comtesse de Noailles, Umberto Nobile, Antonio Noriega Varela, Roberto Nóvoa Santos, L. Olariaga, Eugenio d'Ors, José Ortega y Gasset, Armando Palacio Valdés, Giovanni Papini, Juan Perón, Augusto Pi Suñer, Salvador Pineda, Francisco de Pinedo, J. Piñeiro (con retrato), Luigi Pirandello, Henri Poincarei, Marcel Prevost, Primo de Rivera, Mario Puccini, Benito Quinquela Martín (con retrato), Santiago Ramón y Cajal, Henri de Regnier, Salomón Reinach, 175, Julio Rey Pastor, Alfonso Reyes,Ricardo Rojas, Jules Romain, Julio Romero de Torres, Salvador Rueda, Albert B. Sabin, José Santos Chocano, Alberto Santos Dumont, Albert Schweitzer, Ernest Seillière, Francisco Severi, Upton Sinclair, Bartolomé Soler, Osvald Spengler, Nathan Straus, Richard Strauss, Igor Stravinsky, Gustav Stresemann, J. Sudermann, Stefan Sweig, Rabindranath Tagore, Toscanini, Miguel de Unamuno, Giuseppe Ungaretti, Paul Valery, Paul, Josefina Blanco de Valle-Inclán, Emile Vandervelde, E.K. Veniselo, Guido da Verona, Serge Voronoff, Julius Wagner-Jauregg, Valeriano Weyler, duque de Rubí, H. G. Wells, Valeriano, H. Wilkins, Juan Zorrilla de San Martín


Richard StraussSofía Casanova

 


Sigmund FreudYgor Stravinsky
Axenda de actos Ver todos
Mércores 21 de novembro de 2018 / 16:30 h
Charla da campaña Toponimízate en Miño
Xoves 22 de novembro de 2018 / 13:00 h
Ourense: Exposición dos 150 anos da 'Gramática' de Saco Arce
Xoves 22 de novembro de 2018 / 16:30 h
Ourense: Homenaxe a Saco Arce. 150 aniversario da 'Gramática gallega'
Venres 23 de novembro de 2018 / 17:30 h
Charla da campaña Toponimízate en Parada de Sil
Martes 27 de novembro de 2018 / 13:00 h
'Toponimízate' chega a Cospeito
Martes 27 de novembro de 2018 / 16:30 h
Simposio María Victoria Moreno
Mércores 28 de novembro de 2018 / 16:30 h
Simposio María Victoria Moreno
Venres 30 de novembro de 2018 / 19:00 h
Charla da campaña Toponimízate en Cariño

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar