Membros da Academia | Pleno | De honra | De número | Correspondentes |
| Xosé Luís Franco Grande Tomiño, Pontevedra, 17/02/1936 03/07/1998 Ramón Piñeiro López, Marino Dónega Rozas e Domingo García-Sabell Rivas Luz Pozo Garza Xosé Luís Franco Grande (03/07/1998 - ) Leandro Carré Alvarellos (03/03/1945 - 14/02/1976) Rafael González Villar (27/07/1941 - 14/03/1941) Antón Villar Ponte (24/07/1934 - 04/03/1936) Manuel Lago González (04/09/1905 - 17/11/1910) A miña infancia e primeira xuventude transcorreron en Tebra, no Baixo Miño, onde os meus pais eran mestres de primeiro ensino. Estudei o bacharelato en Vigo e Dereito en Santiago. Exerceu en Vigo a profesión de avogado e fun, ata a miña xubilación en xuño de 2001, Asesor Xurídico da extinta Caixa de Aforros de Vigo. Estou casado e teño dúas fillas: Rosalía e Navia, a primeira tamén avogada e xornalista a segunda. Debo todo na miña vida aos compañeiros de xeración e aos galeguistas que na década dos cincuenta retomaron a loita pola dignidade nacional de Galicia. A miña profesión impediume deica agora facer a obra literaria que eu quixera. Pode que, agora xubilado, escriba aínda unha ducia de libros. Non pertenzo a ningún partido político: é unha mala cousa que os tres de máis implantación en Galicia sexan unha verdadeira calamidade nacional, xa que están contribuíndo, e con eficacia, á destrución do país. E non se decatan. En 1978 fun nomeado académico de número da Real Academia Galega. Lin o discurso de ingreso en 1998. Procurei sempre escribir na prensa na medida que mo permitiron as miñas ocupacións, como maneira de seguir mantendo relación cos lectores e dicirlles que un aínda está vivo. Libros publicados: Vieiro Choído (1957) Galaxia. |
Axenda de actos Ver todos |
Xoves 5 de decembro de 2019 / 19:00 h Charla de Toponimízate - Casa da cultura de Noia |
Mércores 11 de decembro de 2019 / 11:30 h Charla da campaña Toponimízate nas Neves |
Luns 16 de decembro de 2019 / 14:30 h Charla da campaña Toponimízate - Folgoso do Courel |
Martes 17 de decembro de 2019 / 15:45 h Charla da campaña Toponimízate - Cerdedo-Cotobade |
Xoves 19 de decembro de 2019 / 12:30 h Charla da campaña Toponimízate - Pazos de Borbén |
Boletín da Real Academia Galega
nº 379
Cadernos de Lingua
nº 36
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego
(23ª ed.)
Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega