Membros da Academia Pleno De honra De número Correspondentes

Xosé Luís Franco Grande
Tomiño, Pontevedra, 17/02/1936


03/07/1998


Ramón Piñeiro López, Marino Dónega Rozas e Domingo García-Sabell Rivas


O antigo réxime nunha familia do Baixo Miño




Luz Pozo Garza


Xosé Luís Franco Grande (03/07/1998 - )
Leandro Carré Alvarellos (03/03/1945 - 14/02/1976)
Rafael González Villar (27/07/1941 - 14/03/1941)
Antón Villar Ponte (24/07/1934 - 04/03/1936)
Manuel Lago González (04/09/1905 - 17/11/1910)


A miña infancia e primeira xuventude transcorreron en Tebra, no Baixo Miño, onde os meus pais eran mestres de primeiro ensino. Estudei o bacharelato en Vigo e Dereito en Santiago. Exerceu en Vigo a profesión de avogado e fun, ata a miña xubilación en xuño de  2001, Asesor Xurídico da extinta Caixa de Aforros de Vigo. Estou casado e teño dúas fillas: Rosalía e Navia, a primeira tamén avogada e xornalista a segunda.

Debo todo na miña vida aos compañeiros de xeración e aos galeguistas que na década dos cincuenta retomaron a loita pola dignidade nacional de Galicia.

A miña profesión impediume deica agora facer a obra literaria que eu quixera. Pode que, agora xubilado, escriba aínda unha ducia de libros. Non pertenzo a ningún partido político: é unha mala cousa que os tres de máis implantación en Galicia sexan unha verdadeira calamidade nacional, xa que están contribuíndo, e con eficacia, á destrución do país. E non se decatan.

En 1978  fun nomeado académico de número da  Real Academia Galega. Lin o discurso de ingreso en 1998.

Procurei sempre escribir na prensa na medida que mo permitiron as miñas ocupacións, como maneira de seguir mantendo relación cos lectores e dicirlles que un aínda está vivo.

Libros publicados:

Vieiro Choído (1957)  Galaxia.
Entre o si e o non (1967) Galaxia.
Diccionario Galego Castelán, (1968), Galaxia.
Obra Completa, de Leiras Pulpeiro (1970) Fundación Penzol.
Vocabulario Galego Castelán (1972) Galaxia.
Os anos escuros I (1985) Edicións Xerais de Galicia.
Herdo de Memoria e Tempo (1987) Edicións Xerais de Galicia.
A ilusión da esperanza (1991) Edicións do Cumio.
Francisco F. Del Riego (2001), Ir Indo. 
Os anos escuros: A resistencia cultural dunha xeración (2004) Galaxia.
Outra política para outros tempos (2013) Galaxia.
Xoguetes do tempo (2015) Galaxia.
Libro das abandonadas (2017) Teófilo Edicións.



Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete