Membros da Academia | Pleno | De honra | De número | Correspondentes |
| Evaristo Martelo Paumán del Nero A Coruña, 25/04/1853 16/06/1921 Manuel Martínez Murguía, Florencio Vaamonde Lores e Francisco Tettamancy y Gastón Uxío Carré Aldao Rosario Álvarez Blanco (06/06/2003 - ) Jenaro Marinhas del Valhe (25/02/1978 - 01/07/1990) Antonio Iglesias Vilarelle (29/12/1951 - 11/05/1971) Alejandro Barreiro Noya (12/03/1936 - 22/11/1948) Evaristo Martelo Paumán del Nero (16/06/1921 - 31/03/1928) Eduardo Pondal Abente (04/09/1905 - 08/03/1917) Naceu na Coruña o 25 de abril de 1853 e morreu na mesma cidade o 31 de marzo de 1928. Foi un recoñecido avogado e poeta do Rexurdimento. Fillo de Ramón Martelo Núñez de Leis e Dolores Paumán Zuazo de Andrade, era descendente do poeta e almirante Pai Gómez Chariño. Ademais, ostentou os títulos de Marqués de Almeiras e Vizconde de Andeiro. Comezou a carreira de mariño en Ferrol, pero, posteriormente, abandonouna para cursar estudos de Dereito en Santiago de Compostela. A súa vida transcorreu entre A Coruña e as súas diversas propiedades: a Casa do Arco, en Laxe; o pazo dos Andeiro, en Rianxo; o castelo de Vimianzo e o pazo de Ombre. Na súa cidade natal, participou do faladoiro da Cova Céltica, onde trabou amizade con Eduardo Pondal. Coma o bardo de Bergantiños, exerceu de fidalgo idealista e desenvolveu os seus poemas no céltico mundo de Ossián. No entanto, o imaxinario de Martelo Paumán era fundamentalmente medieval: torres, castelos e armaduras daban corpo aos seus poemas. Este ideal viril e heroico adoita relacionarse coa súa militancia no tradicionalismo carlista, se ben esta filiación non lle impediu exercer un patriotismo galego, sobre todo na defensa da lingua. O 16 de xuño de 1921, ingresou na Real Academia Galega cun discurso titulado “Pondal e a sua obra”, que foi respondido por Uxío Carré Aldao. Na súa produción literaria abundan os poemas de ton patriótico, viril e nobre. Ao mesmo tempo, a preocupación filolóxica é unha constante, manifestando rexeitamento cara aos ruralismos e dialectalismos. A súa obra literaria, non moi extensa, encóntrase espallada en Revista Gallega ou no suplemento Terra a Nosa!, se ben foi case case integramente recollida en Líricas Gallegas. Neste volume encóntranse obras como Os afillados do demo ou A noite de San Silvestre, que, xunto coa inédita As toupas do Pindo, forman un conxunto caracterizado polo ton satírico e a defensa da lingua galega. Obra literaria máis destacada Obra xurídica |