Contido con Actualidade Novas.

A Academia celebra o maxisterio de Antonio Fraguas na procura da memoria colectiva

17/05/19 |
O pleno do Día das Letras Galegas tivo lugar ao pé da escola de Famelga, no Cotobade natal de Fraguas. A homenaxe ao etnógrafo e académico reivindica o seu legado e as raíces da cultura e da lingua galegas que tanto estudou

Presentación da curtametraxe documental 'Amantes da Terra'

16/05/19 |
O vídeo, dispoñible na Rede, ofrece unha aproximación á figura de Antonio Fraguas a través de distintos testemuños. Amparo Rodríguez, veciña e amiga de Cotobade, recórdao de novo recollendo as coplas que cantaban as mozas

Diálogo en Vigo sobre don Antonio de Insuela

16/05/19 |
Víctor F. Freixanes participou nun encontro do Club Faro sobre o autor ao que a Academia dedica este 17 de maio. O presidente compartiu mesa redonda co editor Manuel Bragado e Malores Villanueva e Héctor Cajaraville, biógrafos de Fraguas

"Fraguas tiña claro que o Museo do Pobo Galego debía contribuír a normalizar a presenza da tradición na evolución cultural de Galicia"

15/05/19 |
Mª Xosé Fernández Cerviño traballou a carón de don Antonio dúas décadas. “El e mais Xocas eran conscientes de que portaban unha tradición que non debía morrer con eles, non concibían o museo como un arquivo de cousas antigas”, salienta a autora da biografía para La Voz de Galicia presentada na RAG

Antonio Fraguas, a primeira voz da radio en Galicia (e en galego)

14/05/19 |
A voz do daquela profesor auxiliar da Universidade de Santiago foi a primeira que se escoitou na historia da radiodifusión de Galicia. Fraguas escolleu o 15 de xaneiro de 1933 uns versos de Bouza Brey para inaugurar, desde San Domingos de Bonaval, as emisión de Radio Galicia

As Letras Galegas, sobre o papel e en versión dixital

14/05/19 |
A vida e a obra de Antonio Fraguas enche estes días andeis das librarías do país con títulos para todas as idades. A Rede é tamén un novo escaparate para difundir publicacións do protagonista deste 17 de maio

'Canta, miña pedra, canta' achega as cantigas de Cotobade e a figura de Fraguas á infancia

14/05/19 |
Galaxia publica o libro-cedé de Xoán Curiel, ilustrado por Nuria Díaz, con cancións que beben das coplas populares recollidas polo etnógrafo na terra onde naceu. A música tradicional fíao todo pero tamén hai espazo para outros ritmos

A RAG achega os adolescentes á escrita literaria no marco do Festiletras

13/05/19 |
O presidente, Víctor F. Freixanes, e a académica Fina Casalderrey compartiron cos mozos e mozas do IES Eduardo Pondal de Ponteceso claves para elaborar textos literarios. Os obradoiros impartíronse no festival organizado pola Fundación Eduardo Pondal

O IES de Cotobade constitúe unha nova Sociedade da Lingua para defender o futuro do idioma

13/05/19 |
O instituto do concello onde naceu o protagonista do Día das Letras Galegas recorda a iniciativa que este impulsara en 1924 cos seus compañeiros de bacharelato e anima as familias a transmitirlles aos fillos e fillas o idioma propio

Exalumnos de Fraguas visibilizan o legado do seu paso por Lugo

13/05/19 |
Unha páxina web, un libro e unha exposición itinerante recordan os nove anos que viviu, na década dos 50, nesta cidade. O proxecto recolle testemuños de amigos do profesor e de antigos estudantes do antigo Instituto Masculino, o actual IES Lucus Augusti