Contido con Actualidade Novas.

"A liña trazada polo verso e a lírica é a que nos aproxima máis ao centro vital de Carballo Calero"

22/04/20 |
A escritora e crítica literaria Carmen Blanco lembra o perfil humano e literario do protagonista do Día das Letras Galegas 2020, a quen coñeceu desde nena no Colexio Fingoi. As súas 'Conversas con Ricardo Carballo Calero' volven ás librarías tres décadas despois

A Real Academia Galega lamenta o pasamento de Luz Pozo Garza

20/04/20 |
A académica, membro da institución dende 1950, faleceu hoxe na Coruña aos 97 anos de idade. Renovadora na forma e na temática, a súa foi unha das voces esenciais da poesía galega dende a segunda metade do século XX

O Portal das Palabras inicia unha serie de contidos sobre Carballo Calero

17/04/20 |
A web de divulgación do léxico galego abre co teatro a súa homenaxe ao protagonista do Día das Letras Galegas 2020

O tapiz do salón de actos da Academia e o precursor da declaración dos dereitos humanos

14/04/20 |
O pano de fondo do salón de actos da Real Academia pertenceu a Emilia Pardo Bazán. Descoñécese como chegou ás súas mans e onde foi fabricado, pero a historia que narra, a liberación do pobo xudeu por parte de Ciro II, hai máis de dous mil cincocentos anos, é ben coñecida

A Real Academia Galega traslada o pleno do Día das Letras Galegas ao 31 de outubro

8/04/20 |
O acto posponse ante a incerteza provocada pola COVID-19. Cadrará cos 110 anos do nacemento de Ricardo Carballo Calero. A RAG intensificará a divulgación da súa figura na Rede e desprazará outros actos que non poidan celebrarse nestas datas ata o primeiro trimestre do novo curso académico

O Ano Antonio Fraguas, a colección Benito Soto e un poema inédito de Pondal, no novo número do 'Boletín'

8/04/20 |
A publicación da Real Academia Galega, creada en 1906, xunta quince achegas sobre as diversas facetas do protagonista do Día das Letras Galegas 2019, o etnógrafo Antonio Fraguas

As buscas no Dicionario dispáranse no mes de marzo e chegan ás 113.000 diarias

7/04/20 |
O número de consultas acadou o seu máximo histórico a partir da entrada en vigor do decreto de alarma. Marzo rematou cun incremento da media de procuras diarias do 60% con respecto a 2019 e do 42% fronte a febreiro deste ano

A Real Academia Galega lamenta o pasamento de Xosé Luís Franco Grande

31/03/20 |
O académico de número cultivou a literatura dende moi novo e tamén foi o autor de obras de referencia na divulgación do léxico galego nunha época de grandes carencias nese eido

Un dolmen na revista 'Nós'

30/03/20 |
As fermosas imaxes que Castelao debuxou para 'Nós' transmiten mensaxes que nos falan da súa visión de Galicia. Así acontece co dolmen que está presente na portada e nas páxinas da revista

O gramático Saco Arce e o poeta Antonio Fernández Morales abren a colección Anexos BRAG

27/03/20 |
O primeiro volume escolma as achegas da xornada arredor dos 150 anos da primeira gramática científica do galego. O número dous reproduce as cartas cos primeiros versos en galego do autor inaugural do Rexurdimento berciano