Xuntanza entre o presidente da Academia e o responsable da Deputación de Ourense

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantiveron onte unha xuntanza no pazo provincial para abordar a colaboración entre ambas as institucións.

Manuel Baltar recibiu a Víctor F. Freixanes no pazo provincial nun encontro no que expresou a vontade da Deputación de Ourense de renovar o apoio á Real Academia Galega. Os responsables de ambas as institucións repasaron ademais as actividades desenvolvidas pola Academia ao abeiro destas axudas.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Luns 2 de marzo de 2020 / 19:30 h
Presentación de 'Castelao. Construtor da nación' de Miguel Anxo Seixas

Novas da Academia

Subscríbete