Visita de Shozo Nakanishi á Academia

O literato xaponés é responsable da tradución á lingua do seu país de A mi madre e dunha ducia de poemas tirados dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
Shozo Nakanishi durante a súa visita á academia
Shozo Nakanishi durante a súa visita á Academia


Banqueiro de profesión e poeta vocacional, Shozo Nakanishi accedeu ao coñecemento da obra de Rosalía de Castro de xeito casual en 1985, cando estaba destinado en Madrid por motivos de traballo e se facían cen anos do pasamento da poeta do Sar. A partir deste momento, e despois de ler varios artigos de Alonso Montero sobre esta autora, Nakanishi empeza a traballar na tradución ao xaponés dunha ducia textos tirados de Cantares Gallegos que aparecen publicados no 2000 baixo o título de A poetisa Rosalía de Castro. Seis anos máis tarde, no 2006, dá ao prelo, para o público xaponés, a súa tradución de A mi madre.

No transcurso da súa visita, o presidente da Academia, Alonso Montero, transmitiulle o seu recoñecemento, en nome de toda a institución, polo seu labor a prol da difusión da nosa cultura alén das nosas fronteiras.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete