Unha ópera para 'La Tribuna' de Emilia Pardo Bazán

A antiga Fábrica de Tabacos, convertida na nova sede da Audiencia Provincial da Coruña, acolleu onte a presentación do libreto La Tribuna, adaptación operística do compositor Gabriel Bussi e o escritor Javier Ozores da novela homónima de Emilia Pardo Bazán publicada en 1883, cuxo escenario protagonista é precisamente este espazo no que traballaron desde o século XIX milleiros de cigarreiras como Amparo, a protagonista desta ficción literaria. No acto, coorganizado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a Real Academia Galega / Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, o público puido escoitar dúas pasaxes da ópera na voz da soprano Teresa Nóvoa, acompañada no piano por Haruna Takebe.
Gabriel Bussi, a pianista Haruna Tabeke e a soprano Teresa Nóvoa nun momento da presentación musical. Fonte: Casa-Museo Emilia Pardo Bazán


O libreto converte en ópera a coñecida obra de Emilia Pardo Bazán, a primeira interpretación literaria do mundo laboral, e feminino, en España. A historia ten como protagonistas as cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña, a Marineda de Pardo Bazán, que foron parte da elite do proletariado fabril galego. 

Pola esquerda, Javier Ozores, Víctor F. Freixanes, Xulio Ferreiro, Miguel Ángel Cadenas, Juan José Martín, Carmen Colmeiro e Gabriel Bussi. Fonte: Casa-Museo Emilia Pardo Bazán


Xunto aos autores do libreto, na presentación interviñeron o presidente do Tribunal de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas; o presidente da Real Academia Galega e director da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, Víctor F. Freixanes; o director xeral del Xustiza, Juan José Martín Álvarez, e a condesa de Pardo Bazán, Carmen Colmeiro. As entidades implicadas prevén tamén colaborar na creación dun espazo expositivo na actual sede da Audiencia Provincial sobre Emilia Pardo Bazán, a Fábrica de Tabacos e as cigarreiras, e a novela que a autora lles dedicou.

O público encheu a sala da Audiencia Provincial da Coruña onde se desenvolveu o acto.
Fonte: Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
 
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 377

Boletín da Real Academia Galega
nº 377

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 36

Descargar