Sobre o Día de Galicia

Grazas á iniciativa das Irmandades da Fala, o 25 de xullo de 1920 celebrábase por vez primeira vez o Día de Galicia.
Imaxe da portada de A Nosa Terra
Imaxe da portada do número 167 de A Nosa Terra


No editorial do número 167 do semanario A Nosa Terra publicado o 25 de xullo de 1922, o seu redactor resumía do seguinte xeito a consigna das Irmandades da Fala para o Día de Galicia: "Que hoxe todos poñan o seu pensamento en Galicia, falen a súa propia fala, e recen os versos dos nosos poetas!".

Foran as propias Irmandades da Fala as que dous anos antes, en 1920, decidiran instituír en Galicia unha xornada dedicada á exaltación dos signos de identidade propios (o idioma, a bandeira, o escudo...). Neste sentido, o editorial do número 167 d´A Nosa Terra que reproducimos aquí de xeito íntegro, resulta un exemplo ilustrativo do ideario das Irmandades contra esta altura, pois nel atopamos unha chamada á confraternidade con Portugal e coas sociedades galegas da emigración americana, fachendosamente alcumadas "as nosas colonias alén do Atlántico", así como a defensa dun federalismo de corte iberista.

A pesar de todos os augurios optimistas presentes no resto dos artigos do semanario, coa instauración da Ditadura de Primo de Rivera en 1923, A Nosa Terra había sufrir a estreita censura do Directorio Militar, e a celebración do Día de Galicia ficaría en suspenso ata a proclamación da República en 1931.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete