Presentación dos actos do Ano Díaz Castro

A Consellería de Educación e Cultura fixo pública a súa programación con máis de cen actividades arredor do autor de Nimbos.
Foto de familia do acto de presentación
Foto de familia do acto de presentación.


A presentación tivo lugar o pasado 14 de febreiro no Gaiás, e contou coa presenza, entre outros, do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; do conselleiro de Educación e Cultura, Xesús Vázquez Abad; do alcalde de Guitiriz, Xosé María Teixido Núñez; do presidente do Pen Club de Galicia, Luís González Tosar; do membro numerario da Academia e vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Francisco Díaz-Fierros; do presidente da Asociación Xermolos, Alfonso Blanco Torrado; do director de produción da Editorial Galaxia, Xosé Manuel Soutullo, así como dos secretarios xerais de Cultura e Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García.

Logo de describir Díaz Castro como "un autor que nos legou un corpus poético elaborado con paciencia, aquilatado polo tempo, admirado polos autores coetáneos", o conselleiro de Educación e Cultura, Xesús Vázquez Abad, salientou a necesidade de espallar o coñecemento da súa obra entre a sociedade galega e no exterior "dun xeito transversal, favorecendo a realización de iniciativas desde diferentes ámbitos, dentro e fóra do noso territorio."

Con este obxectivo, a Consellería de Educación e Cultura elaborou unha extensa programación que contempla máis de cen actividades conmemorativas, desde reedicións da obra diazcastriana e estudos críticos, ata traducións a linguas como o vasco, o inglés ou o ruso, exposicións itinerantes, documentais e actividades de promoción da súa lectura en centros escolares e bibliotecas públicas.

A programación das Letras Galegas 2014 elaborada pola Consellería de Educación e Cultura pódese descargar aquí.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Luns 27 de maio de 2019 / 18:00 h
Entrega dos premios do II Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal

Novas da Academia

Subscríbete