Presentación do noveno número de 'La Tribuna'

A revista ofrece no seu noveno número unha escolma de artigos, recensións e notas centrados na análise da vida e a obra da escritora coruñesa Emilia Pardo Bazán.
Xesús Alonso Montero, Xosé Ramón Barreiro e Patricia Carballal
Xesús Alonso Montero, Xosé Ramón Barreiro e Patricia Carballal


No acto estiveron presentes o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero; o membro de número desta institución e director da publicación, Xosé Ramón Barreiro Fernández, así como a profesora da Universidade da Coruña e subdirectora de La Tribuna, Patricia Carballal.

Logo de resumir os contidos da revista, a profesora Patricia Carballal salientou a importancia da ilustración que aparece na portada da revista, un cadro do pintor Joaquín Vaamonde no que a Condesa aparece impartindo unha lección de literatura no Ateneo de Madrid: "Foi a primeira vez que unha muller era convidada a dar unha conferencia nesa institución, o cal supuxo un verdadeiro acontecemento no seu tempo".

Pola súa parte, o profesor Xosé Ramón Barreiro Fernández subliñou na súa intervención o alcance internacional da figura de Dona Emilia: "Na redacción da revista recibimos traballos procedentes dos Estados Unidos, de Francia, de Italia,… podemos afirmar que os estudos pardobazanianos viven hoxe un momento de esplendor". Barreiro Fernández achegou como proba desta gran repercusión da escritora coruñesa, o feito de que os oito números de La Tribuna dispoñibles en Rede na páxina da Academia acadasen, en menos de dous anos, a cifra de 14.622 descargas.

O número 9 de La Tribuna pódese descargar nesta ligazón.
Os números anteriores pódense consultar aquí.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 21 de marzo de 2019 / 19:30 h
Homenaxe da RAG a Salvador García-Bodaño no Día da Poesía
Martes 26 de marzo de 2019 / 19:30 h
Comba Campoi e Manuel Lorenzo falan sobre os monicreques de Barriga Verde
Sábado 6 de abril de 2019 / 12:00 h
Pleno extraordinario de recepción como académica de Ana Romaní - Noia

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán 2019


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar