O Portal das Palabras anima a cidadanía a participar na escolla da Palabra do Ano 2019
O Portal das Palabras acaba de abrir o prazo de presentación de palabras aspirantes a se converter na Palabra do Ano 2019. A elección colectiva do termo que mellor resuma ou identifique a realidade que dalgún xeito marcou os últimos doce meses constará de tres fases. A primeira delas, na que calquera persoa poderá enviar as súas suxestións, permanecerá aberta ata o domingo 15 de decembro ás 23:59 horas nesta ligazón. Posteriormente, do 16 ao 25 de decembro, someteranse a votación telemática os termos máis significativos e máis repetidos na primeira fase. O venres 27 de decembro darase a coñecer a Palabra do Ano 2019.
O Portal das Palabras é un proxecto da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a divulgación da nosa lingua. Cada semana, dende esta plataforma ambas as institucións ofrecen xogos, vídeos nos que os membros da Academia resolven dúbidas frecuentes e outros contidos divulgativos que conectan o léxico galego coa realidade cotiá e a actualidade dun xeito ameno.
"A palabra do día" é outra das seccións deste espazo aberto ao diálogo coas persoas usuarias. Dende 2014 o Portal das Palabras convida ademais a toda as persoas que o desexen a participar na escolla da Palabra do Ano. Nas edicións anteriores foron escollidas deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016) —coincidindo co centenario das Irmandades da Fala—, refuxiado, -a (2015) e corrupción (2014).
Axenda de actos Ver todos |
Martes 10 de decembro de 2019 / 18:30 h Achegamento á literatura de Urbano Lugrís González |
Mércores 11 de decembro de 2019 / 11:30 h Charla da campaña Toponimízate nas Neves |
Luns 16 de decembro de 2019 / 14:30 h Charla da campaña Toponimízate - Folgoso do Courel |
Martes 17 de decembro de 2019 / 15:45 h Charla da campaña Toponimízate - Cerdedo-Cotobade |
Xoves 19 de decembro de 2019 / 12:30 h Charla da campaña Toponimízate - Pazos de Borbén |
Boletín da Real Academia Galega
nº 379
Cadernos de Lingua
nº 36
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego
(23ª ed.)
Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega