O Grupo Chévere, Premio Nacional de Teatro 2014

O grupo radicado en Teo convértese, deste xeito, na primeira compañía galega recoñecida con este galardón concedido anualmente polo Ministerio de Educación e Cultura.
Escena do espectáculo Eurozone
Escena do espectáculo Eurozone


O xurado do premio -integrado por Roberto Pascual, Gregoria Navarro, Itziar Pascual, José Manuel Sánchez Jiménez "Eusebio Calonge", Salvador Sunyer e Ramón Barea, e presidido por Montserrat Iglesias, directora do INAEM- salientou no seu ditame "a coherente traxectoria de creación colectiva baseada en fontes do teatro documento e na transgresión dos xéneros" do Grupo Chévere. Así mesmo, o xurado tamén subliñou "a súa vertente humorística e participativa, sempre conectada coa realidade social e económica, como testemuñan os seus últimos espectáculos Citizen, Eurozone e Ultranoite no País dos Ananos".

O Grupo Chévere, fundado en 1992 e composto por Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Xesús Ron e Manuel Cortés, mantivo un espazo escénico fixo durante máis de vinte anos en Santiago de Compostela, a Sala Nasa, ata o seu peche no ano 2011, cando deciden trasladarse ao Concello de Teo. O seu rango de actividades abrangue tamén proxectos audiovisuais como a teleserie Pepe O Inglés e o filme Crebinsky, e o espazo virtual redenasa.tv no que informan sobre a súa programación e contidos.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete