O Centro PEN Galicia concede o oitavo Premio Voz de Liberdade a Marina Mayoral

Marina Mayoral é a gañadora do oitavo Premio Voz de Liberdade do Centro PEN Galicia. O xurado tivo en conta tanto a traxectoria literaria da académica de honra como a súa defensa do dereito de expresión e opinión e do papel das mulleres nas letras e na sociedade en xeral.

Marina Mayoral no pleno extraordinario de ingreso na Real Academia Galega como membro de honra. Fonte: RAG


O xurado, composto por Luís González Tosar, Ánxela Gracián, Bieito Iglesias, Xabier Castro Martínez, Inma López Silva, Pablo Rubén Eiré, Luis Menéndez, Xosé Ramón Pena e Manuel Guede, valorou a obra literaria da escritora, as súas achegas sobre Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán ou Valle Inclán e, "sobre todo, a súa constante defensa do dereito de expresión e de opinión e a reivindicación do papel da muller no ámbito da literatura e na sociedade en xeral", salienta o Centro PEN Galicia nun comunicado.

Marina Mayoral recollerá o premio, unha peza orixinal de Azisclo Manzano, no transcurso dun acto literario que terá lugar na segunda quincena de novembro.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 7 de novembro de 2020 / 9:45 h
V Xornada de Onomástica Galega: Os nomes comerciais - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete