Homenaxe a Eusebio Lorenzo Baleirón

O sábado 17 de novembro tivo lugar en Laíño, no concello de Dodro, unha homenaxe ao poeta Eusebio Lorenzo Baleirón coincidindo co 50 aniversario do seu nacemento.
Cesáreo Sánchez Iglesias dando lectura ao texto en homenaxe a Eusebio Lorenzo Baleirón
O presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, á beira do poeta Carlos Negro, dando lectura ao texto en homenaxe de Lorenzo Baleirón


A homenaxe celebrouse ante a casa natal do poeta, na aldea de Tarrío, e contou coa presenza de abondosas personalidades do mundo da cultura galega, como o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e mantedor do acto, Cesáreo Sánchez Iglesias; o secretario da Real Academia Galega, Axeitos Agrelo; o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira Viturro; os poetas Paulino Vázquez e Carlos Negro e a secretaria xeral da AELG, Mercedes Queixas Zas, entre outras.

No transcurso do acto, o poeta Carlos Negro recitou unha escolma de poemas de Eusebio Lorenzo Baleirón, mentres que Paulino Vázquez, pola súa banda, foi o encargado de enunciar unha laudatio en memoria do poeta dodrense, finado prematuramente en 1986, aos 24 anos de idade. Manuel Lorenzo Baleirón, irmán de Eusebio, rendeulle, na súa intervención, unha emotiva homenaxe ao autor d´A gramática do silencio.

O acto pechouse coa descuberta dunha placa conmemorativa acompañada dunha intervención musical.

Placa conmemorativa da homenaxe a Eusebio Lorenzo
Placa conmemorativa da homenaxe a Eusebio Lorenzo Baleirón
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Mércores 21 de novembro de 2018 / 16:30 h
Charla da campaña Toponimízate en Miño
Xoves 22 de novembro de 2018 / 13:00 h
Ourense: Exposición dos 150 anos da 'Gramática' de Saco Arce
Xoves 22 de novembro de 2018 / 16:30 h
Ourense: Homenaxe a Saco Arce. 150 aniversario da 'Gramática gallega'
Venres 23 de novembro de 2018 / 17:30 h
Charla da campaña Toponimízate en Parada de Sil
Martes 27 de novembro de 2018 / 13:00 h
'Toponimízate' chega a Cospeito
Martes 27 de novembro de 2018 / 16:30 h
Simposio María Victoria Moreno
Mércores 28 de novembro de 2018 / 16:30 h
Simposio María Victoria Moreno
Venres 30 de novembro de 2018 / 19:00 h
Charla da campaña Toponimízate en Cariño

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar