Henrique Monteagudo participa na apertura do semestre dedicado ao galego na Universidade de Viena

O secretario da Real Academia Galega impartiu a semana pasada na Universidade de Viena a conferencia inaugural do semestre que a institución austríaca lle dedicará ao galego. Henrique Monteagudo ofreceu un relatorio no que fixo balance da evolución do galego dende os anos 80 do século pasado e analizou a situación actual e as tendencias de futuro a teor dos últimos datos estatísticos dispoñibles.

O semestre dedicado ao galego na Universidade de Viena é unha iniciativa organizada polo catedrático desta institución Elton Prifti. O coordinador do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega profundou na súa intervención no marco deste programa nos desafíos do uso e da transmisión interxeracional da lingua, os discursos públicos sobre o idioma ou as políticas desenvolvidas polas institucións galegas.

A Universidade de Viena ofrecerá ao longo deste semestre, entre outras actividades, un curso de galego para principiantes e distintos relatorios que achegarán o alumnado á literatura galega ou á imaxe de Galicia no cinema.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 29 de outubro de 2020 / 19:00 h
Simposio Ricardo Carballo
Carvalho Calero - Ideas e achegas ao idioma
Sábado 7 de novembro de 2020 / 9:45 h
V Xornada de Onomástica Galega: Os nomes comerciais - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete