Doazón de documentos de Villar Ponte

Esperanza Casal Rodríguez, nora de Antón Villar Ponte, fixo entrega á Academia, por medio de Pepe Carballude, de varios documentos que pertenceron ao senlleiro galeguista.
Henrique Monteagudo, Esperanza Casal, Xesús Alonso Montero, Pepe Carballude
Henrique Monteagudo, Esperanza Casal, Xesús Alonso Montero e Pepe Carballude


O presidente da Academia, Xesús Alonso Montero cualificou como unha "alfaia" os documentos de Villar Ponte recibidos onte formalmente na Academia, entre os que se atopa o manuscrito orixinal da obra dramática Donosiña, de Xaime Quintanilla, que contén unha dedicatoria a quen foi o seu amigo e compañeiro de militancia galeguista.

Alonso Montero manifestou, ademais, o compromiso da Academia na conmemoración do oitenta aniversario do ingreso nesta institución de Antón Villar Ponte, celebrado o 24 de xullo de 1934, a quen cualificou de "xornalista extraordinario".

Pola súa parte, o escritor Pepe Carballude, logo de manifestar a súa satisfacción pola entrega á Academia do legado villarpontiano, fixo na súa intervención unha evocación de Antonio Villar Chao, fillo de Villar Ponte e marido de Esperanza Casal, quen foi xogador e capitán do Deportivo da Coruña, e máis tarde, adestrador das seleccións nacionais de México e Venezuela.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Venres 15 de novembro de 2019 / 19:00 h
Toponimízate - Beariz
Luns 18 de novembro de 2019 / 16:30 h
Toponimízate - Ordes
Martes 26 de novembro de 2019 / 19:00 h
A Coruña - Inauguración do Simposio Antonio Fraguas
Mércores 27 de novembro de 2019 / 16:30 h
Santiago de Compostela - Simposio Antonio Fraguas
Xoves 28 de novembro de 2019 / 16:30 h
Santiago de Compostela - Simposio Antonio Fraguas

Novas da Academia

Subscríbete