Dispoñible en liña o 'Primer centenario del nacimiento de Murguía 1833-1933'

O 17 de maio de 1933 facíanse dez anos do pasamento de Manuel Martínez Murguía, primeiro presidente da Academia.
Imaxe de Manuel Murguía
Manuel Martínez Murguía


Co gallo do seu décimo cabodano, a Academia, presidida entón polo lexicógrafo ourensán Eladio Rodríguez González, decidiu publicar un pequeno folleto en homenaxe ao Patriarca dispoñible, por primeira vez, para a súa descarga aquí.

A publicación consta de tres partes: a primeira, a cargo do propio Eladio Rodríguez, é un apaixonado panexírico do historiador arteixán definido en termos claramente mesiánicos como "Esperado", "Elegido" ou "Padre y Creador de la galleguidad contemporánea". A continuación, o académico José García Acuña pasa revista á produción poética murguiana no apartado intitulado "Murguía, poeta". O libro remata cunha Bibliografía na que se recolle toda a produción édita de Murguía.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete