Dispoñible en liña o 'Boletín da Real Academia Galega número 373'

Este número do Boletín, correspondente ao ano 2012, está centrado na análise da figura e a obra de Valentín Paz-Andrade, protagonista do Día das Letras Galegas dese mesmo ano.
Valentín Paz-Andrade
Valentín Paz-Andrade


O Boletín, editado polo membro de número da Academia, Ramón Villares, recolle, ademais das intervencións académicas que tiveron lugar durante a celebración, en Vigo, do Día das Letras Galegas 2012 dedicado a Paz-Andrade, parte dos traballos elaborados por distintos estudosos e especialistas na obra do polígrafo pontevedrés que foron lidos durante o Congreso Paz-Andrade celebrado en Pontevedra en decembro de 2012.

Alén dos devanditos estudos de temática pazandradiana, o Boletín publica, así mesmo, un artigo de investigación da man de Ramón Mariño Paz e Damián Suárez Blázquez titulado "Luís de Losada e o pranto galego pola morte de Luís I de España (1724)", e un informe co rexistro das actividades desenvoltas durante o ano 2011.

O Boletín 373 pódese descargar aquí.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete