Día das Letras Galegas a Díaz Castro

O poeta e tradutor de Guitiriz Xosé María Díaz Castro é autor dunha obra poética singular e de aparición serodia que destaca polo seu virtuosismo técnico.
Díaz Castro
Díaz Castro


Xosé María Díaz Castro (1914-1990) é autor de Nimbos (1961) considerada un dos cumes da poesía galega moderna, e que contén o poema "Penélope" xustamente celebrado pola súa beleza e fonda reflexión sobre Galicia e o seu fado histórico.

Membro, xunto con Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Álvaro Cunqueiro e Iglesia Alvariño entre outros, da chamada "escola mindoniense", Díaz Castro mantivo ao longo de toda a súa vida, e malia súa condición de funcionario residente en Madrid, un fondo compromiso coa cultura galega do seu tempo.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Luns 27 de maio de 2019 / 18:00 h
Entrega dos premios do II Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal

Novas da Academia

Subscríbete