'Conversas no Ronsel de Valentín Paz Andrade'

A páxina oficial de Valentín Paz Andrade inicia unha serie de entrevistas encamiñadas a afondar no pensamento do polígrafo pontevedrés e a actualizar a súa praxe.
Retrato de Valentín Paz Andrade
Retrato de Valentín Paz Andrade na súa madurez


Da man de Xan Carballa, xornalista recoñecido e biógrafo do autor, a páxina oficial do autor inaugura a sección 'Conversas no Ronsel de Valentín Paz Andrade' que, cunha periodicidade semanal, abrirá debates e pescudas arredor daqueles temas centrais en Valentín Paz Andrade: a economía, o xornalismo ou a lingua galega.

'Conversas no Ronsel de Valentín Paz Andrade', que tamén é unha homenaxe á fundamental vertente xornalística do protagonista no Día das Letras Galegas do presente ano, enceta a súa andaina cunha entrevista a Enríque Sáez (A Coruña, 1947), director xeral do Banco Pastor, presidente da Fundación Juana de Vega e amplo coñecedor da obra de Valentín Paz Andrade.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete