Bernardino Graña publica un novo libro con tres pezas de teatro infantil

Bernardino Graña volve ás librarías cun novo título de teatro infantil, Lobísimo do saco. Tres titiritadas (Galaxia, 2019) O volume foi presentado o pasado venres nunha libraría de Vigo cadrando co 87 aniversario do académico, nun acto que foi tamén unha celebración.

Lobísimo do saco inclúe unha peza inédita do mesmo título e recupera outras dúas, Sinfarainín contra don Perfeuto, publicada na revista Grial en 1975, e Os burros que comen ouro (nunca cabalos serán), de 1992. As tres historias, protagonizadas por animais, están cheas de humor, mais tamén convidan a reflexionar sobre o abuso do poder. Teatro, en definitiva, dirixido ao público infantil, pero non só.

Bernardino Graña participou na presentación acompañado na mesa polo presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, o académico Xesús Alonso Montero, o crítico literario Ramón Nicolás e a escritora e profesora Malores Villanueva.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete