"As preguntas de Pardo Bazán resoan cunha intensidade intelectual e emocional contemporáneas"

A sede da Real Academia Galega foi no seu momento o fogar de Emilia Pardo Bazán na súa Coruña natal e hoxe tamén acubilla a súa casa-museo. Neste escenario a historiadora Isabel Burdiel presentou este xoves a biografía que acaba de publicar da narradora, unha das grandes voces da literatura europea do século XIX.

Os participantes na presentación da biografía, na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. Pola esquerda, a profesora de Literatura española da USC Cristina Patiño, o académico e historiador Ramón Villares, Isabel Burdiel, o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e a académica Marilar Aleixandre. Fonte: RAG


Isabel Burdiel destacou a relación entre a "extraordinaria dimensión" como escritora de Emilia Pardo Bazán e o xeito en que "as súas incomodidades estéticas e ideolóxicas, as súas decisións e indecisións, as súas dúbidas, os seu logros e derrotas e, sobre todo, as súas preguntas resoan hoxe cunha intensidade intelectual e emocional que as fai plenamente contemporáneas".

A historiadora estivo acompañada na mesa de presentación polo presidente da RAG e director da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, Víctor F. Freixanes, os académicos Ramón Villares e Marilar Aleixandre e a profesora de Literatura española da Universidade de Santiago de Compostela Cristina Patiño.


A presentación tivo lugar no salón de actos da RAG. Fonte: RAG
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete