Aberta a preinscrición nos XXXII Cursos de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras"

A trixésimo segunda edición dos Cursos de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras", destinados a persoas de fóra de Galicia, desenvolverase do 2 ao 24 de xullo de 2019 en Santiago de Compostela. A solicitude de prazas poderá realizarse ata o 5 de abril. O folleto informativo con todos os detalles da convocatoria pode descargarse nesta ligazón e a ficha de inscrición, nestoutra.

Encontro de confraternidade do alumnado dos Cursos Galego sen fronteiras 2018 no parque de Bonaval


A Real Academia Galega organiza os cursos da man do Instituto da Lingua Galega e co apoio da Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Baixo a dirección do secretario da RAG, Henrique Monteagudo, e o director do ILG e tamén académico, Xosé Luís Regueira, o programa, organizado en distintos niveis, permite que o alumnado goce dunha experiencia de inmersión no idioma e na sociedade galega.

Ademais das aulas teóricas e prácticas que se desenvolven de luns a venres, ofrece relatorios de diversos persoeiros do mundo cultural galego e excursións para coñecer o patrimonio natural e artístico de Galicia.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete