A táboa periódica publícase en galego cadrando co seu 150 aniversario

Dmitri Mendeleev presentou a súa táboa periódica en 1869. Cento cincuenta anos despois, aquela primeira achega pasou de 63 elementos a 118 e traduciuse a moitas linguas. A táboa dos elementos químicos pode descargarse agora en galego nesta ligazón e distribuirase en formato físico entre a comunidade científica e educativa cunha tiraxe de 13.000 exemplares.

A edición da táboa periódica en galego é froito da colaboración do Consello da Cultura Galega, o grupo de investigación da USC CienciaNOSA, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Real Academia Galega de Ciencias e a propia Real Academia Galega, que a presentaron onte no marco dunha xornada de conmemoración do seu 150 aniversario celebrada no Consello da Cultura Galega.

A iniciativa partiu dos químicos da Universidade de Santiago de Compostela Manuel Bermejo, Ana González Noya e Marcelino Maneiro, autores do volume Guía dos elementos químicos. Historia, propiedades e aplicacións. Os tres participaron na presentación xunto ao presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; a presidenta do CCG, Rosario Álvarez; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete