A Deputación da Coruña apoia a actividade da RAG

Os presidentes da Real Academia Galega e da Deputación da Coruña, Víctor F. Freixanes e Valentín González Formoso, asinaron o pasado 15 de agosto o convenio a través do cal a entidade provincial apoia diversos proxectos que a RAG está a desenvolver durante 2020. A Deputación achega a través deste acordo 60.000 euros que permiten abordar a última fase dun estudo sobre as competencias do uso do galego na infancia, o proxecto web Primavera das Letras –dirixido a escolares de infantil e primaria–, e distintas actividades da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, entre outras iniciativas.

Pola esquerda, os presidentes da Deputación da Coruña e da Real Academia Galega, Valentín Formoso e Víctor F. Freixanes, e o responsable da área de Cultura da Deputación, Xurxo Couto, na sinatura do convenio


Víctor F. Freixanes agradeceu a colaboración da Deputación da Coruña coa programación da Academia e Valentín González Formoso gabou, pola súa banda, o "importante traballo" que a Real Academia Galega desenvolve na promoción da lingua e da cultura galegas. A axuda da Deputación céntrase especialmente, engadiu, no apoio ás actividades dirixidas ao público máis novo e ás persoas de fóra de Galicia interesadas pola lingua do país.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Xoves 29 de outubro de 2020 / 19:00 h
Simposio Ricardo Carballo
Carvalho Calero - Ideas e achegas ao idioma
Sábado 7 de novembro de 2020 / 9:45 h
V Xornada de Onomástica Galega: Os nomes comerciais - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete