A Academia participou na primeira edición do 'Cultura que une'

No primeiro encontro, celebrado na vila portuguesa de Amarante, o presidente e o secretario da Academia tomaron parte nunha mesa redonda baixo o título: A intelectualidade da Galiza e do Norte de Portugal.
Xesús Alonso Montero, Henrique Monteagudo, Luís Martínez Risco, Jorge José de Magalhães Mendes , Pilar García Negro e Isaac Alonso Estraviz.
Xesús Alonso Montero, Henrique Monteagudo, Luís Martínez-Risco Daviña, Jorge José de Magalhães Mendes , Pilar García Negro e Isaac Alonso Estraviz.


"Cultura que une" é "unha rede de persoas e entidades dispostas a compartir e intercambiar manifestacións e expresións da cultura galego-portuguesa", segundo consta no limiar introdutorio da súa primeira edición que se celebrará nos meses de maio e xuño de 2015 na vila portuguesa de Amarante e na cidade da Coruña.

A Real Academia Galega, unha das institucións culturais implicadas na organización do "Cultura que une", estivo representada no primeiro acto da edición deste ano, celebrado en Amarante o pasado 2 de maio, polo seu presidente e o seu secretario, Xesús Alonso Montero e Henrique Monteagudo, que analizaron, respectivamente, nas súas intervencións a relación entre Xosé Filgueira Valverde e Xoán Vicente Viqueira coa cultura portuguesa.

Nesta ligazón podes descargar o programa do "Cultura que une".

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Venres 15 de novembro de 2019 / 19:00 h
Toponimízate - Beariz
Luns 18 de novembro de 2019 / 16:30 h
Toponimízate - Ordes
Martes 26 de novembro de 2019 / 19:00 h
A Coruña - Inauguración do Simposio Antonio Fraguas
Mércores 27 de novembro de 2019 / 16:30 h
Santiago de Compostela - Simposio Antonio Fraguas
Xoves 28 de novembro de 2019 / 16:30 h
Santiago de Compostela - Simposio Antonio Fraguas

Novas da Academia

Subscríbete