A Academia contará cun espazo propio na Cidade da Cultura

A Academia asinará en vindeiras datas un convenio coa Consellería de Educación e Cultura e a Fundación Cidade da Cultura que lle posibilitará dispor de espazo para uso propio na Cidade da Cultura.
Instalacións da Cidade da Cultura
Vista das instalacións da Cidade da Cultura


Segundo este acordo, a Fundación comprométese a cederlle a título gratuíto á Real Academia Galega por un período de dez anos, o uso do espazo necesario no edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia para instalar o persoal destinado aos seminarios de Lexicografía, Terminoloxía, Sociolingüística e Onomástica, persoal residente en Santiago de Compostela que comezara a desenvolver as súa tarefas en locais alugados na capital de Galicia. Grazas ao mencionado acordo, a partir dos comezos do vindeiro ano 2014 os técnicos dos devanditos seminarios levarán a cabo o seu traballo na Cidade da Cultura, aproveitando tamén os fondos e infraestruturas alí existentes. Este acordo facilitará o traballo en equipo dos traballadores da Acdemia e suporá unha importante mellora nas súas condicións laborais.

Asemade, a Real Academia Galega e a Xunta de Galicia subscribirán outro concerto que permitirá a modernización da xestión do catálogo da Biblioteca e do Arquivo da RAG, mediante a cesión gratuíta de licencias informáticas e a incorporación posterior dese catálogo ao Portal da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Estes convenios, que serán asinados proximamente polo Presidente da Real Academia Galega e o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, enmárcanse na tradicional liña de colaboración institucional que a Real Academia Galega vén mantendo coa Xunta de Galicia, e que resulta de fundamental importancia para que a Real Academia Galega cumpra axeitadamente as funcións que ten asignadas.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete