Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e en Filosofía pola Universidade de Londres. Foi profesora de tradución en cursos de posgrao das universidades londinenses deThames Valley e Westminster. Cofundadora e colaboradora en todas as etapas do grupo de Traballo Galego de Londres, cidade na que reside dende 1964.
Desenvolveu en Santiago, na década dos cincuenta, un intenso labor a prol do teatro universitario, chegando a intervir como actriz nalgunha peza dirixida polo seu home Fernando Pérez-Barreiro.
Xa establecida en Londres, publica os ensaios "Cartas a Rosalia", Edicións do Castro,1981," Introducción á Astroloxía", Xerais , 1984, "Alicia do outro lado do espello" Xerais,1985 e "Fabulas Esopo", Laiovento, 1997.
Publica en "Grial" artigos e comentarios, así como en "A Nosa Terra", "Festa da Palabra Silenciada" , etc.
Premio Nacional de Traducción de Libros Infatiles y Juveniles, Ministerio de Cultura, Madrid 1985 (xunto con Fernando Pérez- Barreiro).
A súa obra "Dentro e fóra" (2002), ofrece unha visión moi crítica da nosa sociedade paternalista e abre novos horizontes e posibilidades ao feminismo.
Recentemente, participou nun proxecto en Zürich, sobre a familia patriarcal, e publicou en inglés, nunha entrega dese proxecto, un capítulo dun libro inédito onde está a teoría sobre a sociedade patriarcal que se suxire en "Dentro e fóra" Familienblatt-Family Paper 1.Sep. 2001,Siedhalle Zurcí.