Profesor nas Escolas de Capacitación Agraria. Xefe de Sección e Diplomado en Desenvolvemento Rural. Estudos primarios na Escola Pública Local.
Entre 1947-1952 cursa estudos de Latín e Humanidades no Colexio Menor-Seminario “Maestro Avila” de Salamanca.
Debido aos escasos recursos familiares e á carencia de centros docentes comarcais, pasou dous anos atendendo a explotación agraria familiar e realizou estudos por correspondencia.
No curso 1956-57 foi bolseiro na Escola de Capacitación Agraria de Quinto de Ebro (Zaragoza) e obtivo o diploma correspondente.
En 1958 gañou unha oposición de Axente de Extensión agraria do Ministerio de Agricultura, e obtivo despois o título de “Divulgador Agrario” con destino na provincia de Cáceres, onde desempeñou o seu traballo ata 1970.
Entre 1970 e 1975 obtivo a especialidade de Traballos coa xuventude rural e formación profesional agraria do Ministerio de Agricultura.
De 1976 a 1980 conseguiu as especialidades de Cooperación e Agricultura de Grupo, Comunicacións e Medios Audiovisuais, e Desenvolvemento Comunitario Rural, todas elas do Ministerio de Agricultura.
Obtivo o C.A.P. na Universidade Complutense para o exercicio destas especialidades nas Escolas de Capacitación Agraria, na Escola Central do Ministerio de Agricultura en San Fernando de Henares, e nos catorce centros de Capacitación con F.P.1 agrarios estremeños.
Desde 1980 ata a súa xubilación no 2002, foi Xefe de Sección e Diplomado en desenvolvemento Rural, con traballos rexionais, nacionais e internacionais. Desde esta xefatura de sección, foi responsable da divulgación agraria, de temas rurais, culturais, formativos, etc., en diferentes medios.
Foi representante da Junta de Estremadura no Consello Reitor de Feval (Institución Feiral de Estremadura) durante dez anos; presidente do Consello Regulador da D.O.
do Mel d´A s Villuercas- Ibores; e membro do C.R. da D.O. de Aceites de Gata- Urdes.
Conta co distintivo de Actuación Internacional e coa medalla de Caballero de la O.C. del Merito Agrícola.
Mañego falante desde o berce, desde que tomou contacto co latín comezou a apreciar, estudar, escribir e recompilar vocabulario, toponimia, costumes, etc., e a promocionar as falas do Val do Ellas.
Así colaborou activamente na constitución das asociacións culturais sobre fala, cultura e patrimonio denominadas “Amigus de Sa Martín” e “Amigus d´As Ellas i du sei Castelu”, Asociación Fala i Cultura do Val do Rio Ellas, da que é presidente.
Colaborador da Casa de Galicia e da súa revista de Badaxoz.
Organizou varios seminarios e congresos .
Congresu da Fala, actas publicadas en Editora Regional.
Seminario Internacional de Linguas Minoritarias da UE.