Contido con Actualidade Novas.

Un grupo de docentes de gaélico visita a Academia

23/10/19 |
Os profesores coñecen estes días distintas institucións e centros de ensino de Galicia interesados pola situación do galego e por experiencias que inspiren medidas para a promoción da súa lingua. A visita enmárcase nun proxecto Erasmus

A alcaldesa da Coruña visita a Real Academia Galega

21/10/19 |
Inés Rey coñeceu a sede da institución e mantivo un encontro coa comisión executiva na que ambas as partes coincidiron na vontade de profundar na colaboración entre a RAG e o Concello da Coruña

Convocatoria de dous contratos para realizar traballos de sociolingüística

21/10/19 |
A Real Academia Galega convoca un concurso aberto para dous contratos de persoal técnico de sociolingüística. As solicitudes poderán presentarse ata o 31 de outubro

A IV Xornada de Onomástica Galega chama a recuperar o patrimonio da toponimia tradicional nos nomes das rúas

19/10/19 |
Os expertos reunidos no encontro salientan que optar polos nomes conmemorativos debe ser o último recurso. O programa introduce a perspectiva da memoria histórica, experiencias didácticas e análises sobre os casos de Santiago, Baiona, Vigo, A Coruña, Pontevedra e Lalín

Regueifas, teatro e coplas populares para homenaxear a Antonio Fraguas na entrega dos premios de Primavera das Letras

15/10/19 |
O alumnado dos colexios de Bembibre (Val do Dubra), A Ponte do Porto (Camariñas) e San Roque de Darbo (Cangas) recolleu os galardóns esta mañá na sede da Real Academia Galega e puxo en escena unha pequena mostra de como celebrou o Día das Letras Galegas 2019

A Academia ofrece na Rede duascentas publicacións propias desde o ano 1906

14/10/19 |
Un novo espazo web permite consultar todo o catálogo de monografías, composto por máis de 350 títulos, e descargar gratuitamente máis da metade

Un grupo de docentes inspírase na Palabra do Día do Portal das Palabras para debuxar o Outubro de Tinta

11/10/19 |
O colectivo Galiza Visual traballa co pensamento visual nas aulas e anima a todo o público a lles poñer imaxes aos termos destacados este mes na web da RAG e a Barrié para a divulgación do léxico

A RAG na clausura do centenario de Euskaltzaindia

7/10/19 |
A Real Academia Galega estivo presente esta fin de semana en Gipuzkoa no peche do programa de celebracións organizado co gallo dos cen anos da Real Academia da Lingua Vasca. Distintos membros da RAG participaron nos congresos que tiveron lugar no último ano neste marco

A Xornada de Onomástica Galega afondará na historia colectiva dos nomes das rúas

2/10/19 |
O Museo de Pontevedra acolleu a presentación do encontro que terá lugar o sábado 19 de outubro no Edificio Sexto. Catorce especialistas profundarán no compoñente social, histórico e político das denominacións das vías urbanas. A entrada é libre

Xuntanza entre o presidente da Academia e o responsable da Deputación de Ourense

2/10/19 |
Víctor F. Freixanes foi recibido por Manuel Baltar no pazo provincial. O presidente da Deputación de Ourense manifestou a vontade de renovar o apoio á RAG