Contido con Actualidade Novas.

O alumnado dos Cursos de lingua e cultura galegas coñece a Academia e a súa historia

4/07/19 |
O presidente repasou na conferencia inaugural as orixes e funcións da RAG e percorreu a historia do galego e os retos do futuro dun idioma instalado na modernidade

Estudantes de catro continentes inician tres semanas de inmersión lingüística nos Cursos Galego sen fronteiras

2/07/19 |
A nova edición dos cursos da Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega arrinca en Santiago de Compostela. Antón Reixa, Quico Cadaval, Paulina Ceremuzynska, María Yáñez e Celso Fernández Sanmartín, entre os convidados no programa de palestras

O Premio Trasalba enxalza a voz poética de Luz Pozo Garza

1/07/19 |
A poeta e académica recolleuno na casa grande de Cimadevila (Amoeiro), recordando a amizade que mantivo con Otero Pedrayo. O xurado salienta a sensibilidade profunda da obra da autora, que este mes fará 97 anos

Unha biblioteca única con 70.000 volumes desde o século XVI

27/06/19 |
A directora da biblioteca da Academia, Ana María Menéndez, presentou a colección e os servizos que presta nun encontro celebrado en Santiago que xuntou a expertos de distintas institucións

O delegado do Goberno visita a RAG

25/06/19 |
Víctor F. Freixanes e Javier Losada conversaron sobre as necesidades da institución e a importancia de apoiar as linguas do Estado. A rehabilitación do edificio da rúa Tabernas foi un dos temas abordados na xuntanza que mantiveron

O Día das Letras Galegas de 2020 estará dedicado a Ricardo Carballo [Carvalho] Calero

22/06/19 |
O Pleno da institución decidiu hoxe homenaxear o vindeiro 17 de maio o escritor, filólogo e académico, unha das principais figuras da cultura galega da segunda metade do século XX

A Academia elixe este sábado a figura protagonista do Día das Letras Galegas de 2020

21/06/19 |
Finalizado o prazo de presentación de propostas, o único candidato, de conformidade coa normativa da institución, é don Ricardo Carballo Calero

A RAG e o Instituto Camões exploran vías de colaboración para achegar as literaturas galega e de expresión en lingua portuguesa

20/06/19 |
Os presidentes de ambas as institucións abordan nunha xuntanza a posibilidade de celebrar no futuro en Galicia un encontro sobre as letras galegas e de fala portuguesa

Alumnado de máis de vinte nacionalidades participa nos XXXII Cursos de lingua e cultura galegas

20/06/19 |
A XXXII edición inaugúrase o vindeiro 2 de xullo en Santiago de Compostela coa participación de preto de 70 estudantes procedentes de Europa, América, Asia e África

O Portal das Palabras pídelles opinión aos usuarios

19/06/19 |
A web de difusión do léxico recollerá nunha enquisa as valoracións dos contidos e suxestións para mellorar a oferta de recursos divulgativos e lúdicos