A IV Xornada de Onomástica Galega estará dedicada aos nomes das rúas

26/07/19 |
O programa desenvolverase o 19 de outubro no Museo de Pontevedra. Catorce especialistas profundarán na conformación dos nomes de rúas nos centros urbanos de Galicia e analizarán o compoñente social, histórico e político que subxace neles

Takekazu Asaka recibe o Premio Ramón Cabanillas

26/07/19 |
O académico correspondente recollerá o galardón o sábado 27 de xullo en Cambados e hoxe presentará a tradución ao xaponés de 'A rosa de cen follas'. O profesor dedica un artigo en xaponés ás formas de cortesía en galego ilustrado con exemplos da novela 'Costa do Solpor' de Xosé María Lema

Os XXXII Cursos de lingua e cultura galegas conclúen cun "ata logo" ao alumnado de catro continentes

24/07/19 |
O programa rematou coa entrega de diplomas. A iniciativa funciona como "semente do país": especialistas en estudos galegos de todo o mundo pasaron polas súas aulas desde 1988

Cangas acolle o 26 de xullo a estrea do documental sobre Bernardino Graña

22/07/19 |
Xan Leira dirixe o filme dedicado ao escritor e membro da Academia. A película proxectarase por primeira vez o vindeiro venres, ás 21 horas, no auditorio da súa localidade natal

"O teatro nunca se librou de ser unha arte do demo"

19/07/19 |
O dramaturgo, director e narrador escénico Quico Cadaval convidou o alumnado dos Cursos “Galego sen fronteiras” a dar un paseo pola historia do teatro galego, desde a aposta das Irmandades da Fala por crear un teatro burgués ata as iniciativas contemporáneas

O herdo dos "contadores naturais" que medraron sen televisión

18/07/19 |
Celso Fernández Sanmartín fala da actualidade e do valor da narración oral tradicional nun novo relatorio dos Cursos “Galego sen fronteiras”

Contádenos o voso Día das Letras amosa a descuberta do mundo de Antonio Fraguas en máis de oitenta colexios

17/07/19 |
A vida e a obra do protagonista do Día das Letras Galegas inspirou múltiples iniciativas escolares. A web do proxecto Primavera das Letras recolle as actividades dos participantes no concurso. Os gañadores coñeceranse en setembro

Os desafíos para os medios en galego nun escenario de cambio

15/07/19 |
A xornalista María Yáñez salienta a importancia da estratexia dos medios en galego para manter viva a lingua entre unha mocidade que cada vez consome menos xornais e televisión de xeito tradicional

Rosario Álvarez comparte en Donostia experiencias sobre as gramáticas do século XXI

12/07/19 |
A directora da Sección de Lingua da RAG participou nunha xornada organizada por Euskaltzaindia. A gramática da lingua galega será de características semellantes aos proxectos actuais para outros idiomas

Versos multilingües para Rosalía

11/07/19 |
O Colectivo de Poetas de Bruxelas dialoga coa escritora a través de poemas nos seus respectivos idiomas. A Fundación Rosalía recompílaos nun libro que tamén ofrece versos rosalianos en árabe, neerlandés, francés ou inglés. Os protagonistas agasallaron o alumnado de “Galego sen fronteiras” cun recital
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 19 de outubro de 2019 / 9:30 h
IV Xornada de Onomástica Galega. Os nomes das rúas - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete