Xosé Luís Regueira, novo director do ILG

O académico de número Xosé Luís Regueira (Vilalba, 1958) foi nomeado hoxe novo director do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. O profesor, catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa, xa ten experiencia xestora no ILG, do que foi secretario entre 1996 e 2005.
Xosé Luís Regueira

Xosé Luís Regueira foi nomeado director do ILG na xunta de goberno do instituto celebrada esta mañá logo de ser proposto por unanimidade como candidato nunha xuntanza do seu consello científico. O académico de número sucede a Ernesto González Seoane, membro correspondente da RAG, á fronte dunha institución que desenvolve, desde a súa fundación en 1971, unha intensa actividade investigadora nos eidos da lingüística e da filoloxía galegas. El mesmo é membro desde 1981 deste centro, onde centra a súa actividade investigadora na fonética e na fonoloxía.

Como membro numerario da RAG, é secretario da revista Cadernos de Lingua, membro dos seminarios de Sociolingüística e Gramática e codirector dos Cursos de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar