Unha ollada á lingua desde o dereito

O programa de palestras dos Curso de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras" continuou onte cunha conferencia de Alba Nogueira. A profesora de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela e académica correspondente achegou unha ollada á lingua desde a perspectiva xurídica e repasou a situación dos idiomas cooficiais en España.

Alba Nogueira durante a conferencia. Ao seu carón, o cordirector dos cursos Henrique Monteagudo. Fonte: RAG


A experta abordou, entre outros temas, o que significa a cooficialidade dunha lingua, as diferenzas entre o dereito e o deber de sabela ou os distintos sistemas lingüísticos que hai no ensino nas comunidades autónomas con lingua propia.

Máis imaxes da conferencia de Alba Nogueira nesta ligazón.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar